try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
SEECGALICIA
Sección Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos

Inauguración do Festival de teatro grecolatino Lugo 2010

Onte, coa representación de Electra (Sófocles) e Cásina (Plauto) a cargo do grupo Párodos do IES Siberia Extremeña, de Talarrubias, Badajoz, dirixido por Silvia Pérez Zarco, comezou a edición 2010 do festival grecolatino de Lugo, cunha participación masiva que apunta a un novo récord de espectadores. Hoxe seguirán con "Asamblea de Mujeres" (Aristófanes), para dar paso ao grupo Parrocha, do IES Elviña da Coruña, que collera o relevo esta tarde e mañá, coa representación de  "Troyanas" (Eurípides) e "Gemelos" (Plauto).
 
Aquí queda unha imaxe da representación de Electra, onde aparecen Existo e Clitemnestra, pero podedes visitar o álbum completo.
 

 
 

Entrega de premios Odisea 2010. 2º premio.

No marco da inauguración do Festival de Teatro grecolatino de Lugo, a
presidenta de SEECGalicia, Cecilia Criado, fixo entrega onte do segundo premio da fase galega do concurso Odisea 2010, ao grupo "LAS ALAS DE ÍCARO" (Noa, Roque e Valeria), do IES de Ames, acompañadas da súa profesora Margarita Olivar.
 

Entrega de premios Odisea 2010. 1º premio.

No marco da inauguración do Festival de Teatro grecolatino de Lugo, a presidenta de SEECGalicia, Cecilia Criado, fixo entrega onte do primeiro premio da fase galega, e do primeiro premio na fase estatal do concurso Odisea 2010, ao grupo "LAS ESCLAVAS DE DAVO" (Laura, Sara e María), do Colexio San José de Lugo, acompañadas da súa profesora Marisol López.
 

Entrevista a Cecilia Criado, presidenta de SEECGalicia

Hoxe domingo 7 de marzo, sae publicada no Correo Galego unha entrevista con Cecilia Criado, presidenta de SEECGalicia.

Pódese ler dende esta ligazón.

Clasificación Definitiva da Final Estatal do Concurso Odisea

Logo de que na tarde do mércores, dende Lugo e dende Elx, se disputase a fase Final Estatal do Concurso Odisea 2010, e tal e como se recolle nas bases, publicamos A CLASIFICACIÓN DEFINITIVA do mesmo.

Dende aquí a nosa Noraboa aos dous finalistas.

Hoxe, final Estatal da Odisea 2010

Hoxe celebramos a final Estatal do concurso Odisea. Preme aquí para entrar na páxina da final do Concurso.

Conferencia do profesor Alberto Bernabé na Facultade de Filoloxía da USC o vindeiro 23 de marzo

O vindeiro martes 23 de Marzo ás 18 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da USC, terá lugar a conferencia do profesor Alberto Bernabé, catedrático de FiloloXía grega da UCM, especialista no Orfismo e Parménides. O título da mesma será "Los privilegios del Más allá. La respuesta del Orfismo". Dende SEECGalicia invitamos á todos os interesados a asistir a este evento.

Concurso Internacional de Latín C.I.C.E.R.O.

Este ano celébrase a IV edición do concurso internacional de latín C.I.C.E.R.O. (Certemen In Concordiam Europae Regionumque Orbis).  Constará de dúas partes, unha tradución de Cicerón e unha batería de preguntas de contido cultural. Terá lugar o día 18 de marzo ás 11 da mañá. O prazo de inscrición finaliza o 1 de marzo de 2010. Máis información na web do concurso.
 

AMPLIADO ATA O 10 DE MARZO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN NO CONCURSO DE TRADUCIÓN «EXPLORANDO A LINGUA E A CULTURA DA ANTIGA GRECIA»

Ata o 10 de marzo está aberto o prazo de preincrición no concurso de tradución de grego «Explorando a Lingua e a Cultura da Antiga Grecia» do Ministerio de Educación Nacional e Asuntos Relixiosos da República de Grecia. Dende SEECGalicia animámosvos á participación a todos os alumnos e profesores da Comunidade Autónoma. Podedes obter máis información poñéndovos en contacto electrónico con SEEC Galicia aos correos electrónicos lsilva29@gmail.com ou secretaria@seecgalicia.org.

CELEBRACIÓN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA DO EXAME DE TRADUCIÓN "CICERONIANUM"

O pasado 19 de febreiro tivo lugar na aula 23 da Facultade de Filoloxía o exame de tradución de Latín  «Ciceronianum». Velaquí o momento da celebración do remate do exame de tradución e comentario. Dende a Sección Galega da SEEC lle desexamos a mellor das sortes a alumna Navia Rivas e a súa profesora Susana Fernández Rodríguez, do IES de Arzúa.

Distribuir contido