SEECGalicia

2ª xornada do Festival de Teatro Grecolatino de Lugo

Na 2ª xornada da edición do festival de teatro grecolatino de Lugo 2007, cunha asistencia semellante á xornada anterior entre as sesións de mañá e tarde, os alumnos e as alumnas, procedentes de centros de ensino de toda Galicia, asistiron á representación da traxedia Helena, de Eurípides, e a comedia Pluto, de Aristófanes, a cargo do grupo Selene, do IES Carlos III de Madrid.

Antes do comezo das obras a presidenta da Delegación galega da SEEC, Dulce Estefanía, fixo entrega do 1º premio do concurso Odisea 2007, ao equipo gañador “Os Argonautas” , pertencente ao IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela.