try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
SEECGALICIA
Sección Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos

Curso Metodoloxía Científica 2010

Curso de Iniciación á Metodoloxía Científica

A Delegación Galega da SEEC organiza este Curso de Formación Continua no ámbito dos cursos de Posgrao da Universidade de Santiago de Compostela

O curso busca pretende acadar unha axeitada actualización científica nas metodoloxías da investigación da área da Filoloxía Clásica, e asemade, ofrecer unha axeitada formación teórica e práctica para o desenvolvemento tanto de traballos científicos na área como para potenciar a autoformación dos profesionais de Latín e Grego, ofrecendo as ferramentas axeitadas e máis novedosas para a búsqueda de datos e actualización científica e académica.

A Sección de Posgrao da Universidade de Santiago de Compostela expedirá un diploma a cada alumno, no que, a partir da data de 16 de Novembro de 2009, ten comunicado que validará un recoñecemento de 2 CRÉDITOS de libre configuración e 70 horas de Formación Académica. O número máximo de alumnos admitidos será de 30, con ampliación solicitada á UXA ata 33, e o prezo da matrícula 25 €

O curso consta de catro módulos temáticos:

  1. A metodoloxía científica nos Estudios Clásicos. Introdución Xeral.
  2. A elaboración dun traballo científico en Filoloxía Clásica. Métodos e elementos característicos..
  3. Internet como método de investigación para Filoloxía Clásica.
  4. Recursos TIC para a práctica de investigación e didáctica das Linguas e a Cultura Clásica

LUGAR E DATAS

O  curso terá lugar na aula 24 (localización provisional suxeita a cambios polo Decanato) da facultade de Filoloxía de Santiago do 28 de xaneiro ao 16 de febreiro de 2010, os luns, martes, mércores e xoves de 16:30 a 20:30 horas.

PREZO E HORAS LECTIVAS

O seu prezo é de 25 euros, e ten un equivalente de 70 horas lectivas ( 2 créditos oficiais de Libre Configuración da USC) homologadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria como Horas de Formación do Profesorado de Ensino Secundario.

PRAZAS

Están previstas un máximo de 33 prazas, e os requisitos de acceso son ter a titulación de Filoloxía Clásica ou estar cursando esta.

PROCEDEMENTO DE PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA:

  • Datas de preinscrición: do 15 de Outubro e ata o 15 de Novembro de 2009
  • Datas de matrícula: do 30 de novembro de 2009 ao 31 de decembro de 2009

A preinscrición poderá ser formalizada de calquera dos seguintes modos:

  1. A través do Formulario da páxina web da Delegación Galega da Sociedade de Estudios Clásicos, operativo a partir do 15 de outubro  (recomendado) Ir a Formulario.
  2. A través do correo electrónico da Secretaría da Delegación Galega da Sociedade de Estudios Clásicos: secretaria@seecgalicia.org
  3. Por correo ordinario (só se non tedes correo electrónico) dirixido á sé da Secretaría da Delegación Galega da SEEC (Amelia Pereiro Pardo, Facultade de Filoloxía. Avda. de Castelao s/n. 15782 Santiago de Compostela).
  4. Formulario do Servizo de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua.

Unha vez rematado o prazo de inscrición, a lista de admitidos será publicada na web da Sección Galega da SEEC

A matricula formalizarase no prazo comprendido entre o 30-11-2009 e o 31-12-2009 na Sección de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua da USC (Unidade de Xestión do Campus sur. Pavillón de Estudiantes. Campus Sur. Santiago de Compostela).

Podedes descargar o formulario proporcionado pola USC picando na ligazón anterior.

Para calquera dúbida sobre cuestións relativas ás matrículas, poñédevos en contacto co co-Director do curso Xosé A. López Silva (lsilva29@gmail.com) ou coa Sección de Posgrao: tfno. 981563100, ext. 14588; correo-E cptf@usc.es.

O importe da matrícula (25 €) deberá ser ingresado na conta bancaria indicada pola sección de Postgrao da Universidade.

Comeza o prazo de preinscrición para o curso de Iniciación á Metodoloxía Científica 2010

Dende hoxe, 15 de outubro, e ata o 15 de novembro, está aberta a preinscrición para o curso de Iniciación á Metodoloxía Científica.

A Delegación Galega da SEEC organiza este Curso de Formación Continua no ámbito dos cursos de Posgrao da Universidade de Santiago de Compostela

O curso busca pretende acadar unha axeitada actualización científica nas metodoloxías da investigación da área da Filoloxía Clásica, e asemade, ofrecer unha axeitada formación teórica e práctica para o desenvolvemento tanto de traballos científicos na área como para potenciar a autoformación dos profesionais de Latín e Grego, ofrecendo as ferramentas axeitadas e máis novedosas para a búsqueda de datos e actualización científica e académica. Máis información.

Formulario Preinscrición do Curso de Iniciación á Metodoloxía Científica

Curso de Iniciación á Metodoloxía Científica

DATOS DO CURSO

  • Lugar e Datas: O curso terá lugar na aula 27 da facultade de Filoloxía de Santiago do 28 de xaneiro ao 16 de febreiro de 2010, os luns, martes, mércores e xoves de 16:30 a 20:30 horas.
  • Prezo e horas lectivas : O seu prezo é de 25 euros, e ten un equivalente de 70 horas lectivas (7 créditos oficiais da USC) homologadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria como Horas de Formación do Profesorado de Ensino Secundario
  • Prazas: stán previstas un máximo de 30 prazas, e os requisitos de acceso son ter a titulación de Filoloxía Clásica ou estar cursando esta
  • Datas de preinscrición: A partir do día 15 de Outubro e ata o 15 de Novembro
  • Prazo de matrícula: O prazo de matrícula realizarase do 2 ao 16 de novembro de 2009, e a admisión á matrícula farase por orde de preinscrición
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------



Rematou o prazo de Preinscrición, polo que o formulario xa non está visible
Distribuir contido