try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
SEECGALICIA
Sección Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos

CURSO DE PERFECCIONAMENTO DO GREGO MODERNO I

Bandera GreciaA Delegación Galega da SEEC organiza un Curso de Formación Continua no ámbito dos cursos de Posgrao da Universidade de Santiago de Compostela.

Este curso, concibido como continuación do anterior, leva por título “Curso de Perfeccionamento do Grego Moderno I”, e esperamos que sexa de interese para todos vós.

XII Congreso español de Estudios Clásicos de Valencia

O Instituto Superior de Formación do Profesorado do M.E.C. vén de recoñecer oficialmente ao XII Congreso español de Estudios Clásicos de Valencia con 48 horas (5 créditos).

Asignadas as bolsas para socios estudantes

Rematado o prazo de solicitude a nosa delegación decidiu conceder bolsa de 150 € ós socios estudantes:
Noelia Cendán Teijeiro
María Porbén Riveira
As outras solicitudes que se recibiron foron desestimadas por non cumprir a condición de Socio da SEEC.

Grupos de teatro grecolatino

A delegación da SEEC en Galicia está á procura de grupos de teatro que actualmente teñan no seu repertorio obras do teatro clásico grego e romano, en versión galega ou castelá, con vistas ao festival anual de teatro grecolatino que se celebrará na cidade de Lugo na primavera do 2008. Todos aqueles grupos que estean interesados en participar coas súas obras escriban un correo-E ao seguinte enderezo, secretaria@seecgalicia.org, indicando o nome do grupo, director, obras a representar, teléfono de contacto e enderezo de correo electrónico.

Anulación das conferencias de Schiesaro

Quedan anuladas as dúas conferencias previstas para esta semana do profesor Schiesaro. Proximamente daranse a coñecer as novas datas, quizais na próxima semana.

Ciclo de conferencias na USC o 18-19-20 de xuño

O grupo de Investigación de “Filoloxía Clásica” do Departamento de Latín e Grego da USC organiza un ciclo de conferencias durante os días 18, 19 e 20 de xuño, a cargo dos profesores Caroline Kroon (Univ. Amsterdam) e Alessandro Schiesaro , ás que están invitados todos os interesados:

CLAUSURA DO FESTIVAL XUVENIL DE TEATRO GRECOLATINO DE “PROSOPON”

Baelo ClaudiaOs días dous e tres de xuño tivo lugar a clausura do Festival de Teatro Xuvenil de “Prosopon”, os actos celebráronse en Baelo Claudio e Itálica e foron un gran éxito de asistencia e organización.

Becas para estudantes asistentes ao Congreso de Valencia

A Delegación de Galicia da SEEC convoca 10 bolsas de 150 euros destinadas a socios estudantes desta delegación que vaian asistir ó XII Congreso Nacional que se celebrará en outubro en Valencia.

Representación do Gurgullo de Plauto

Teatro do PorvisoNo marco do certame teatral intercentros da zona de Santiago, organizado pola coordinadora de equipos de normalización lingüística, o grupo "Teatro do Porviso", do IES dos Dices de Rois, acadou o segundo premio coa representación da Comedia do Gurgullo, basada en textos de Plauto. Máis información e fotos en Dives Gallaecia.

Dous grupos galegos no certame de Segóbriga

Os grupos de teatro do I. E. S. Río Miño de Rábade (Lugo) e o grupo SARDIÑA dos I. E.S. Elviña-Paseo das Pontes foron seleccionados para a FASE FINAL da SEGUNDA EDICIÓN do PREMIO NACIONAL PARA GRUPOS DE TEATRO CLÁSICO GRECOLATINO, modalidade COMEDIA LATINA, organizado polo M. E. C.

Distribuir contido