try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
SEECGALICIA
Sección Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos

AMPLIADO ATA O 10 DE MARZO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN NO CONCURSO DE TRADUCIÓN «EXPLORANDO A LINGUA E A CULTURA DA ANTIGA GRECIA»

Ata o 10 de marzo está aberto o prazo de preincrición no concurso de tradución de grego «Explorando a Lingua e a Cultura da Antiga Grecia» do Ministerio de Educación Nacional e Asuntos Relixiosos da República de Grecia. Dende SEECGalicia animámosvos á participación a todos os alumnos e profesores da Comunidade Autónoma. Podedes obter máis información poñéndovos en contacto electrónico con SEEC Galicia aos correos electrónicos lsilva29@gmail.com ou secretaria@seecgalicia.org.

CELEBRACIÓN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA DO EXAME DE TRADUCIÓN "CICERONIANUM"

O pasado 19 de febreiro tivo lugar na aula 23 da Facultade de Filoloxía o exame de tradución de Latín  «Ciceronianum». Velaquí o momento da celebración do remate do exame de tradución e comentario. Dende a Sección Galega da SEEC lle desexamos a mellor das sortes a alumna Navia Rivas e a súa profesora Susana Fernández Rodríguez, do IES de Arzúa.

Final da Odisea 2010

O vindeiro mércores 24 de febreiro celebrarase a tan esperada final da ODISEA 2010, que disputarán os equipos de LAS SUPLICANTES, do IES MISTERI D' ELX (ALACANT), vencedor na Comunidade Valenciana, e LAS ESCLAVAS DE DAVO, do COLEXIO SAN JOSÉ DE LUGO, equipo vencedor en Galicia, que concursará dende o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.

Dende SEECGalicia desexamos toda a sorte para os dous finalistas.

Proba Internacional de Grego 2010: "9º Concurso Anual Europeo Explorando a Lingua e a Cultura da Antiga Grecia"

O Ministerio de Educación Nacional e Asuntos Relixiosos, por medio da Dirección Xeral de Relacións Internacionais en Educación e o Instituto Pedagóxico, en cooperación coa Asociación Pan-helénica de Profesores de Lingua e Civilización Gregas, a Sociedade de Profesores Gregos, o Centro Cultural Europeo de Delfos, a Organización para a Internacionalización da Lingua Grega e a Herdanza Lingüística Grega, anuncian o 9º Concurso Anual Europeo para estudantes: «Explorando a Lingua e a Cultura da Antiga Grecia» co obxecto de facer promoción dos estudios clásicos entre os estudantes de Institutos de Segundo Ensino europeos nos que ensina a lingua grega antiga.
A competición realízase baixo os auspicios do Presidente da República de Grecia.

Clasificación definitiva da Fase Galega da ODISEA 2010

Tras atender as reclamacións, publicamos a listaxe definitiva coa clasificación final dos equipos participantes na fase galega da ODISEA 2010.

Recordamos que o vindeiro mércores, 24 de febreiro, terá lugar a FINAL Estatal, que disputarán o campeón de Galicia e o campeón da Comunidade Valenciana.

CLASIFICACIÓN FINAL ODISEA 2010 - FASE DE GALICIA

 

Pica aquí para ver o resto dos equipos

Falecemento de Antonio Fontán, ex presidente da SEEC

O pasado 14 de xaneiro finou en Madrid aos 86 anos Don Antonio Fontán Pérez. SEECGalicia únese ás homenaxes e condolencias ante o finamento do que foi presidente da SEEC.
Nacido en Sevilla en 1923, Fontán era catedrático emérito da Universidade Complutense de Madrid e foi xornalista e membro do Consello privado do Conde de Barcelona. Tras a morte de Franco en 1975, Antonio Fontán participa directamente na xestación do novo Estado democrático. Preséntase ás primeiras eleccións xerais e é elixido Senador por Sevilla na Lexislatura Constituínte. O 13 de xullo de 1977 é nomeado Presidente do Senado. Intervén directamente na negociación e elaboración da Constitución de 1978, da que é un dos asinantes. Na primeira Lexislatura é nomeado Ministro de Administración Territorial nun goberno presidido por Adolfo Suárez. Permanecería no cargo ata 1980.
“Catedrático, xornalista, político". Con estas tres palabras pretendeuse en moitas ocasións resumir a riquísima personalidade de Antonio Fontán. Na súa longa traxectoria universitaria foi Catedrático nas universidades de Granada, Navarra, Autónoma de Madrid e Complutense. Presidiu durante un período de tempo a Sociedade Española de Estudios Clásicos. Antonio Fontán, como outros membros da súa xeración, elevou a Filoloxía Clásica española a niveis científicos europeos, pero tamén se preocupou por crear as infraestruturas necesarias para levar a cabo tal empresa. Todo iso explica que os filólogos españois lle dedicaran xa cinco congresos e homenaxes.
A súa actuación académica ilustra que Antonio Fontán foi un mestre de mestres. En 2008 S.M. o Rei Juan Carlos I outorgoulle en 2008 o título de Marqués de Guadalcanal, en recoñecemento á súa destacada traxectoria na Universidade, o periodismo e a política.

Listaxe definitiva desempate Odisea 2010

Unha vez atendidas as reclamacións, tal e como marcan as bases, pasamos a publicar a listaxe definitiva dos equipos que disputarán o desempate o vindeiro mércores 10 de febreiro e as sés respectivas que acollerán a proba. Son 30 equipos empatados a 79 puntos.

 

 

 

Récord de participación na ODISEA 2010

Na quinta edición do concurso acadamos unhas cifras que constitúen un novo récord de participación, tanto en Galicia como en Valencia. Estes son os números:

Galicia:

  • 290 equipos inscritos (aproximadamente 870 alumnos participantes)
  • 54 centros participantes

Comunidade Valenciana:

  • 308 equipos inscritos (aproximadamente 924 alumnos participantes)
  • 67 centros participantes

COMEZAN DOUS CURSOS DE FORMACIÓN CONTINUA ORGANIZADOS POLA DELEGACIÓN GALEGA DA SEEC

O próximo venres día 29, ás 17:00 horas, comezan dous cursos de Formación Continua, dentro do ámbito de Posgrao da USC, organizados pola Delegación Galega da SEEC: Curso de Perfeccionamento de Grego Moderno III  impartido pola profesora nativa, Sula Repani e Curso de Iniciación á Metodoloxía Científica que será impartido polo profesor de Grego da Universidade de Salamanca, Francisco Cortés Gabaudan, pola profesora de Latín da USC, Cecilia Criado Boado e polos profesores de Secundaria, Álvaro Pérez Vilariño e Xosé Antonio López Silva. Ambos os dous cursos terán lugar na Facultade de Filoloxía da USC.

Comeza a inscrición de equipos na Odisea 2010

Mañá, luns 11 de xaneiro, comeza a inscrición dos equipos participantes no concurso en liña Odisea 2010.

Poderán participar todos os alumnos e alumnas matriculados nos Centros Oficiais de Ensino Secundario de Galicia durante o curso 2009/2010, formando equipos de tres membros como máximo. Estes equipos deberán contar cun profesor ou profesora responsable. Un memso profesor poderá ser responsable de varios equipos.

A inscrición dos equipos realizarase entre os días 11 e 27 de xaneiro de 2010, ambos inclusive, cubrindo o formulario de inscrición directamente dende esta web de SeecGalicia. Unha vez cuberto, cada equipo recibirá no correo-E do profesor responsable unha clave para poder concursar.

Distribuir contido