try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
SEECGALICIA
Sección Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos

Concurso "Explorando la lengua y cultura de la Antigua Grecia"

A data para a realización desta proba será o venres 13 de marzo ás 16:00 horas nas aulas da facultade de Filoloxía da USC.

Todos aqueles interesados en participar deberán comunicalo por Correo-e a esta secretaría antes do día 6 de marzo.

Certamen Ciceronianum

A data para a realización da proba correspondente á edición 2009 do Certamen ciceronianum será o venres 20 de febreiro ás 16:00 horas, nas aulas da facultade de Filoloxía da USC.

Todos aqueles interesados en participar deberán comunicalo por Correo-e a esta secretaría antes do día 13 de febreiro.

Proxecto Odysseus

Imagen 1.png

Este proxecto coordinado pola universidade de Murcia e financiado pola comunidade europea, ten como propósito difundir o ensino da lingua grega. Entre outras actividades ofrece a distribución gratuíta de materiais e recursos didácticos para o ensino e aprendizaxe desta lingua.

Tedes toda a información na súa web.

Inscrición Odisea 2009

A partir do luns 12 de xaneiro está dispoñible a inscrición dos grupos para o Concurso Odisea 2009

Bases e calendario Odisea 2009

logo_odisea copia.gif

Preparándonos xa para unha nova edición do concurso, publicamos as bases e calendario definitivos da edición 2009 da ODISEA.

Descárgaos en *.pdf

Aula de Cultura Clásica DOMUS BAEBIA

NADAL.jpg
Dende Sagunt fannos chegar a boa nova da próxima posta en marcha da Aula de Cultura Clásica DOMUS BAEBIAE SAGUNTINA, un inmellorable destino á hora de programar unha viaxe cos nosos alumnos.
Envíannos tamén un documento cos detalles do proxecto e unha felicitación de Nadal.

VIII Concurso anual europeo "Explorando la lengua y la cultura de la antigua Grecia"

Poñemos á disposición de tódolas persoas interesadas a documentación correspondente a esta proba internacional de grego. Picando nas ligazóns podedes consultar e descargar as bases do concurso, o  "Syllabus" (texto da proba), a folla de inscrición e a lista de centros que xa participaron outros anos (con asterisco os xa inscritos para este ano).

Chiron en Compostela

chiron_santiago.png

Veñen de rematar as xornadas da fase presencial do curso Chiron: Clásicas 2.0 na aula, organizado por SEECGalicia e impartido polos membros do colectivo Chiron. Celebráronse no IES Xelmírez, no campus da universidade compostelana, durante a tarde do vernes e a mañá e tarde do sábado. Cómpre salientar que durante esta última xornada caeu o servidor da Xunta de Galicia e o curso sobre web 2.0 tívose que impartir a golpe de tiza e encerado.
Pero ninguén mellor que os propios participantes para contar a súa experiencia. Aquí tedes unha relación das crónicas que apareceron nos diferentes blogs do Planeta.

  • Luís Inclán: Doceo et disco
  • Susana Losada: Aspasia
  • Encarna D.Ramil: Verba volant, scripta manent
  • Magdalena Zambrano: El taller de Atenea
  • María Elena Díaz Salvado: Arma virumque cano
  • Álvaro P. Vilariño: Dives Gallaecia
  • Fernando Domènech: Per tritam viam
  • Mónica Rodríguez Costas: In itinere
  • Ana Ovando: Voces Griegas
  • Fernando Lillo: Clásicos en Galicia
  • Alexandre Arias: Argonáutica
  • Comezou o prazo de reserva de prazas para o festival de Lugo 2009

    Podes reservar as túas prazas para asistir ao festival cubrindo este formulario.

    Programa de PROSOPON para 2009

    prosopon2009.png

    Descarga dende aquí o programa completo de PROSOPON para os festivais de teatro grecolatino que terán lugar en 2009 nas diversas ses espalladas por toda a xeografía do Estado.

    Distribuir contido