SEECGALICIASección Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos
Quen somos
Directiva
Presidente:
|
Cecilia Criado Boado |
Vicepresidenta:
|
Maite Miñambres Gómez
|
Secretario:
|
Álvaro José Pérez Vilariño |
Tesorera:
|
Amelia Pereiro Pardo |
Vocal:
|
María José Martín Velasco |
Vocal:
|
Xosé Antonio López Silva |
Vocal:
|
Jesús Ricardo Martín Fernández |
Para calquera consulta escribir a:
CURRÍCULA
-
Cecilia Criado é Profesora Titular de Latín do Departamento de Latín e Griego da Universidade de Santiago de Compostela. As súas liñas de investigación son a épica flavia y as aproximacións teóricas á literatura romana. Foi secretaria da Delegación Galega da SEEC desde febreiro de 2004 a xaneiro de 2008.
-
Mª Teresa Miñambres Gómez é Profesora de Ensino Secundario e Xefa do Departamento de Grego do IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela. Foi Vicepresidenta durante 4 anos na anterior directiva da Delegación Galega da SEEC.
-
Álvaro José Pérez Vilariño é Profesor de Ensino Secundario e Xefe do Departamento de Latín do IES Manuel García Barros da Estrada. Foi vocal durante 4 anos na anterior directiva da Delegación Galega da SEEC. Membro do colectivo Chiron, un proxecto colaborativo que agrupa a profesores de clásicas de todo o Estado, vén de recibir un 3º premio de innovación educativa polo seu traballo "A web 2.0 na didáctica das clásicas", onde presentou a súa experiencia de traballo con blogs ( Dives Gallaecia, Viam Stratam) e moodle (DOG 17 de decembro de 2007).
-
Amelia Pereiro Pardo é Profesora Contratada Doutora de Filoloxía Grega no Departamento de Latín e Grego da Universidade de Santiago de Compostela. A súa liña de investigacion está centrada, principalmente, na Poesía Helenística Grega.
-
María José Martín Velasco é profesora asociada de grego da USC e catedrática de Instituto.
-
Xosé Antonio López Silva é Profesor de Ensino Secundario, Xefe do Departamento de Latín e Secretario do IES de Porto do Son. Ten traballado no ámbito da didáctica da cultura e linguas clásicas e asemade, na análise dos curricula e relación destas materias coa organización interna dos centros de ensino. Mantén o blog Respublica litterarum, unha introducción á lingua latina e literatura.
-
Jesús Ricardo Martín Fernández, é Catedrático de latín do I. E. S. Elviña, (A Coruña). Fundador e codirector do grupo SARDIÑA, ten representado o teatrogrecolatino ao longo de toda a xeografía española, con actuacións en Italia e Portugal. Amén de numerosos premios a nivel local, provincial e autonómico, obtivo o Primeiro Premio Nacional de Teatro durante os anos 2006 y 2007 na modalidade de Comedia Latina.
|