SEECGalicia

A compañía de teatro “Noite Bohemia” acada o primeiro premio na modalidade de traxedia grega e latina no XII Concurso de Teatro Grecolatino

Desde SEEC-Galicia queremos felicitar encarecidamente á compañía de teatro “Noite Bohemia” do IES Ramón Menéndez Pidal de A Coruña, socia e colaboradora da nosa Sociedade, polo primeiro premio acadado na modalidade de traxedia grega e latina no XII Concurso Nacional de Teatro Grecolatino celebrado en Mérida o pasado 23 de xuño. A súa excelente posta en escena das “Bacantes” era sen dúbida merecedora deste importante recoñecemento.