SEECGalicia

A “vis comica” do grupo Sardiña pecha o festival de Lugo

Coa representación da comedia de Plauto, Gemelos, o grupo Sardiña pechou a edición 2007 do festival facendo as delicias do público. Pola mañá fora a traxedia Troyanas a que puideron ver os espectadores que acudiron ao auditorio “Gustavo Freire”.

Un ano máis os coruñeses souberon gañar a simpatía do “respetable”, que non parou de rir e aplaudir en todo momento, como se pode apreciar na fotografía.