SEECGalicia

Actividades da SEECGalicia para o curso 2012/2013

Clauis nostra: Clases gratuitas de latín impartidas por alumnos da USC coa xenerosa promoción da SEECGalicia na Facultade de Filoloxía de Santiago durante todo o curso. Máis información en:

  • www.aclabe.blogspot.com

Para os meses de novembro e decembro organizaremos dúas actividades relacionadas coa Astronomía: “Ven ver os ceos de Compostela desde o monte do Gozo” (finais de novembro) e o curso “Astrónomos e Filólogos Clásicos: iniciación á Astronomía para comprender a carta dos ceos da Antigüidadade Clásica” (decembro).

II Xornadas de didáctica das linguas e da cultura clásicas. Meses de realización: Novembro-Abril (unha sesión ao mes de 3 horas).

Entre xaneiro e febreiro chegará a VIII edición do concurso Odisea.

O 22 de febreiro o Certamen Ciceronianum.

En Carnaval, viaxe a Grecia para profesores e alumnos dos centros de ensinanza galegos (máximo 50 prazas), coordinado por Fernando Domènech e Miguel Anxo Meixueiro.

En marzo unha nova edición, a XIII, do festival de teatro grecolatino de Lugo, con tres días de programación: 4,5 e 6 de marzo.

E o 12 de abril a Proba de Grego.

Aínda que non forma parte da programación, como xa moitos de vós sabedes, estamos ocupados e preocupados pola situación na que o Anteproxecto de reforma educativa do ministro Wert deixa as nosas materias. Próximamente enviarémosvos un escrito para que o remitades ao ministro. Entretanto, se o considerades oportuno podedes adheriros a esta iniciativa