SEECGalicia

ACTIVIDADES DE SEEC-GALICIA PARA O CURSO 2015-2016

Un ano máis, como en cada inicio de curso, facémosvos chegar a programación das nosas actividades para o curso 2015-2016.
A información máis concreta de cada unha delas (períodos de inscrición, bases, etc.) será notificada no momento oportuno.

OBRADOIROS DIDÁCTICOS

O profesor Lillo Redonet impartirá dous obradoiros, dirixidos a profesores e alumnos. Estas actividades contan coa participación do Departamento de Latín e Grego da USC.
Os dous obradoiros que ofertamos, Gladiadores e Escritura grega, celebraranse o martes 17 de Novembro ás 17:00 horas, na Facultade de Filoloxía da USC.
Os obradoiros son de carácter gratuíto e están dirixidos a un máximo de 20 alumnos.
Os interesados en asistir poden inscribirse enviando un correo á SEECGalicia antes do 12 de Novembro, indicando nome e condición (socio ou non socio). Lembramos que teñen preferencia profesores e alumnos socios da SEECGalicia.

CONCURSO ODISEA

(Máis información aquí)

A XI edición do concurso Odisea celebrarase os días 1, 2, 3 e 4 de febreiro de 2016 e o tema será «A guerra en Grecia e Roma». A inscrición terá lugar no prazo entre o martes 1 de decembro e o martes 26 de xaneiro. No caso de haber equipos empatados celebrarase un preguntón de desempate o día 17 de febreiro. Unha vez rematada a fase autonómica os gañadores de cada sede participante competirán entre eles o día 2 de marzo.
Para este 2016 está confirmada a participación das seccións da SEEC de Galicia, Valencia-Castelló e Alacant, Aragón, Valladolid, La Rioja, Extremadura, Andalucía, Canarias, e a asociación de profesores de Lenguas Clásicas de Cataluña, APLEC.
A vicepresidenta de SEECGalicia, Maite Miñambres, e Álvaro Pérez Vilariño coordinarán esta actividade.

CERTAMEN CICERONIANUM

O 4 de marzo de 2016 celebrarase o Certamen Ciceronianum ás 16:00 na Facultade de Filoloxía da USC. Hai algún cambio de proposta respecto á anterior edición; por iso rogámosvos que leades con atención os arquivos, que podedes descargar premendo nestas ligazóns:

XVI FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO

(máis información aquí)

O programa, lugar e datas son os seguintes:

LUGO
AUDITORIO GUSTAVO FREIRE
Día 29 de febreiro, luns
12:00 Medea de Eurípides, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)
17:00 Gemelos de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)
Día 1 de marzo, martes
12:00 Electra de Sófocles, Grupo Párodos (Talarrubias, Badajoz, premio nacional de teatro clásico do Ministerio de Educación)
17:00 Asinaria de Plauto, Grupo Párodos (Talarrubias, Badajoz)
Día 2 de marzo, mércores
12:00 Gemelos de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)

OURENSE
11 de abril, luns
12:00 Edipo Rey de Sófocles, SV Producciones (Madrid)
17:00 Cásina de Plauto, SV Producciones (Madrid)
Día 13 de abril, mércores
12:00 Euménides de Esquilo, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)
17:00 Gemelos de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)

II OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS

Organizada en colaboración co Departamento de Latín e Grego, a data de celebración será o 7 de abril.
O día da entrega de premios realizaranse uns Ludi.

PROBA DE GREGO «PARNASO»

Terá lugar o 15 de abril de 2016 ás 16:00 horas na Facultade de Filoloxía da USC. Como no caso do Certamen Ciceronianum, hai algunha modificación respecto a edicións anteriores, tal como consta nas bases do concurso que podedes descargar nestas ligazóns:

VIAXE A ITALIA

No Entroido iremos de viaxe a Italia. Como sabedes, esta viaxe está pensada para profesores e alumnos das materias impartidas polos departamentos de Latín e Grego dos IES galegos. Estará coordinada por Fernando Domènech. As datas previstas son do 6 ao 13 de febreiro.

CURSO DE FORMACIÓN PERMANENTE

Realizaremos un curso de Formación Permanente que terá por nome Latine Discamus II (Método Ørberg). Estará dirixido pola presidenta de SEECGalicia, Cecilia Criado.

Por último, lembrade que Clauis nostra, coa promoción de SEECGalicia, ofrece clases gratuítas de Latín e doutras materias impartidas por alumnos da USC na Facultade de Filoloxía durante todo o curso. Máis información en: asociacion.aclabe@gmail.com