SEECGalicia

ACTIVIDADES DE SEEC-GALICIA PARA O CURSO 2015-2017

Un ano máis, como en cada inicio de curso, facémosvos chegar a programación das nosas actividades para o curso 2016-2017.
A información máis concreta de cada unha delas (períodos de inscrición, bases, etc.) será notificada no momento oportuno.

1) OBRADOIROS DIDÁCTICOS

O profesor Fernando Lillo impartirá dous obradoiros didácticos, dirixidos a alumnos de secundaria, bacharelato e universidade. Os obradoiros, de carácter gratuíto, serán Schola Graeca et Romana (sesión práctica de escritura de exercicios escolares grecorromanos) e “Hoplitas gregos”. Terán lugar o xoves 3 de novembro de 2016 na Facultade de Filoloxía de Santiago (aulas D11 e D15) de 17:00 a 20:00 horas. Dadas as limitacións dos espazos, os interesados en asistir deben inscribirse enviando un correo a secretaria@seecgalicia.org antes do 27 de outubro; confirmarase aos inscritos a
admisión.
Celebraranse tamén obradoiros didácticos varios no marco da segunda edición dos Ludi Compostellani (véxase actividade 6).

2) XI EDICIÓN DO CONCURSO ODISEA

A primeira fase do concurso celebrarase previsiblemente no mes de febreiro de 2017. O tema desta edición será “A política en Grecia e Roma”.

3) CERTAMEN CICERONIANUM

Terá lugar no mes de marzo de 2017.

3) 4) PROBA DE GREGO PARNASO

Celebrarase no mes de abril de 2017.

5) XVII FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO

O programa, lugar e datas son os seguintes:

LUGO
13 de marzo (luns)
12:00 horas: Electra, de Sófocles, Grupo ESM de Bilbao
17:00 horas: Epídico, de Plauto, Grupo ESM de Bilbao
14 de marzo (martes)12:00 horas: Bacantes, de Eurípides, Grupo Noite Bohemia, A Coruña
17:00 horas: Pseudolus, de Plauto, Grupo Noite Bohemia, A Coruña

OURENSE
15 de marzo (mércores)
12:00 horas: Medea, de Eurípides, Grupo El Ruiseñor, A Coruña
17:00 horas: Pseudolus, de Plauto, Grupo Noite Bohemia, A Coruña
16 de marzo (xoves)
12:00 horas: Hécuba, de Eurípides, Grupo Noite Bohemia, A Coruña
17:00 horas: Pseudolus, de Plauto, Grupo Noite Bohemia, A Coruña

A CORUÑA
22 de marzo (mércores)
12:00 horas: Medea, de Eurípides, Grupo El Ruiseñor, A Coruña
17:00 horas: Miles Gloriosus, de Plauto, Grupo Noite Bohemia, A Coruña

6) III OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS

A data previsible de celebración da proba será o 6 de abril de 2017.
O día da entrega de premios, no mes de maio, terá lugar a segunda edición dos Ludi Compostellani con varios obradoiros didácticos e outras actividades.

7) VIAXE A GRECIA

Terá lugar previsiblemente na semana de Entroido de 2017 (26 febreiro a 5 de marzo) co mesmo programa do ano 2015; na terceira semana de outubro publicarase na páxina web toda a información. Como sempre, esta viaxe está pensada prioritariamente para profesores e os seus alumnos de secundaria e de bacharelato das materias impartidas polos departamentos de Grego e Latín.

8) CURSO DE FORMACIÓN PERMANENTE

Prevese a realización na primeira semana do mes de xullo de 2017 dun curso de Formación Permanente. Dando continuación aos cursos de 2015 e 2016, o curso deste ano estará dedicado á utilización de métodos activos no proceso de ensino-aprendizaxe da lingua grega antiga.