SEECGalicia

Acto de presentación de libro

Onte, 4 de xullo, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela tivo lugar o acto de presentación do volume coa tradución ao galego dos “Diálogos de mortos” e “Diálogos mariños” de Luciano de Samósata a cargo de Teresa Amado (Rinoceronte Editora, Colección Vétera). No acto interviron María do Cebreiro Rábade, Vicedecana da Facultade de Filoloxía da USC, Xosé Carracedo, Presidente de SEEC-Galicia, Moisés Barcia, Director de Rinoceronte Editora, e a tradutora Teresa Amado. O acto pechouse coa lectura dramatizada de dous diálogos de Luciano por parte de Maite Jiménez, Susana Losada, Xosé Carracedo e Anxo Quintela.