SEECGalicia

“ACTUALIZACIÓN METODOLÓXICA EN GREGO ANTIGUO”

CURSO DE FORMACIÓN DE PROFESORADO 2017
“ACTUALIZACIÓN METODOLÓXICA EN GREGO ANTIGUO”
Recoñecido con 30 horas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte segundo resolución do 21 de abril de 2017
Organizado por SEEC-Galicia en colaboración co grupo de investigación da USC “Estudos Clásicos e Medievais (GI-1908)”

1. OBXECTIVOS
1. Coñecer as últimas propostas e tendencias metodolóxicas no ensino do Grego, así como a recente bibliografía sobre didáctica das linguas clásicas.
2. Proporcionar instrumentos de traballo acordes coas novas metodoloxías: adquirir recursos para unha docencia activa do Grego.
3. Valorar a importancia das competencias básicas de comunicación na aprendizaxe das linguas clásicas.
4. Utilizar o contexto lingüístico e extralingüístico como medio para incrementar a comprensión de textos gregos.
5. Integrar as novas tecnoloxías na didáctica das linguas clásicas.
6. Completar a formación do profesorado en nocións de historia da lingua grega.
7. Facilitar recursos para a introdución do grego moderno como reforzo para a aprendizaxe do grego antigo.

2. CONTIDOS
1. A cuestión do método: do sistema tradicional baseado na gramática e tradución aos métodos activos (audio-orais, de lectura ou inductivo-contextuais e “comunicativos”).
2. Pronuncia erasmiana fronte a pronuncia histórica.
3. Debate sobre a mellora da práctica docente a través das experiencias presentadas.
4. Fases e estratexias do proceso de ensino-aprendizaxe: introdución, interpretación, asimilación e expresión.
5. Criterios de avaliación de coñecementos e competencias.
6. Trazos básicos que permiten percibir o proceso de evolución na lingua grega.
7. As manifestacións culturais modernas (literatura, cinema, música) como recurso didáctico no ensino da cultura helena.
8. Algúns recursos dixitais.

3. METODOLOXÍA
1. Introdución teórica e posta en común sobre a necesidade dunha renovación pedagóxica.
2. Exposición de distintos enfoques didácticos dos manuais Athenaze, LGPSI, ΔΙΑΛΟΓΟΣ.
3. Realización de actividades orais e escritas, individuais ou colectivas.
4. Práctica de exercicios interactivos.
5. Introdución ao curso comunicativo de grego moderno baseado no enfoque por tarefas.
6. As horas non presenciais estarán dedicadas á preparación por parte de cada alumno/a de un recurso didáctico propio.

4. AVALIACIÓN
1. Asistencia a todas as sesións presenciais.
2. Participación nas actividades presenciais.
3. Elaboración de recursos didácticos propios nas horas non presenciais.

5. PROFESOR
Santiago CARBONELL MARTÍNEZ
Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Valencia, Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade de Salónica (Departamento de Grego Medieval e Moderno 2003), Xefe de Departamento de Cultura Clásica do IES Cotes Baixes de Alcoi desde 2006, Profesor Asociado da Área de Grego na Universidade de Alacante de 2005 a 2013. Ten diversas publicacións sobre didáctica das linguas clásicas e participou en cursos sobre lingua e literatura neohelénicas. Premio Didaskalia 2007. Premio Nacional eTwinning 2011.

6. LUGAR, DATA E HORARIO
Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. Aula D-9
Luns, martes, mércores e xoves, 3-6 de xullo de 2017
De 16:00 a 20:00 horas

7. INSCRICIÓN
Número de prazas: 30
Prezo: Socios ordinarios SECC 50 €
Socios estudantes SECC gratuíto
Non socios 70 €
Non socios estudantes 25 €
Modo de inscrición:
Entre o 22 de maio e o 9 de xuño solicitarase preinscrición mediante un correo enviado á Secretaría de SEEC-Galicia (secretaria@seecgalicia.org) no que se fará constar como asunto “curso de formación” e no que se indicará o nome completo do solicitante, o centro de traballo (de ser o caso) e a dirección de correo electrónico. As solicitudes serán atendidas por rigorosa orde de chegada e terán preferencia os socios da SEEC.
O 12 de xuño comunicarase a todos os solicitantes a listaxe de admitidos e indicarase o procedemento para a matrícula definitiva.