SEECGalicia

“Astrofiloloxía. Vinde a ver os ceos míticos a Facultade de Filoloxía da USC”

A partir das 21.30 da noite do próximo martes 18 de maio a Sección Galega da SEEC (Sociedad Española de Estudios Clásicos) invítavos a “Astrofiloloxía. Vinde a ver os ceos míticos a Facultade de Filoloxía da USC“. Para esta actividade contará coa inestimable axuda dos entusiastas compoñentes de “Astronomía na beirarrúa“; e de “Vega, Clube de Astronomía“. Eles instalarán nas proximidades da Facultade os seus telescopios para que podamos ver o marabilloso ceo compostelán que está, como sabedes, cheo de mitoloxía. Nesa data, no Sistema Solar teremos a Lúa, Venus, Marte e Saturno. Das Constelacions Zodiacais serán ben visíbeis Gemini, Cancer, Leo, Virgo e Libra e, das Constelacions Boreais, Ursae (Major et Minor), Boötes, Draco, Hercules, a Corona Borealis, Canes Venatici, Coma Berenices e Lyra coa estrela Vega. También estarán presentes esa noite no ceo Perseus, Cassiopeia, Cepheus, Corvus, Crater e Hydra. Estas últimas serán máis difíciles de ver dende a cidade por estar case no horizonte e, desafortunadamente, Andromeda atoparase xa por debaixo do horizonte. Se nos da o seu consentimento Ernesto González Seoane, decano dá Facultade de Filoloxía, a cafetería permanecerá aberta para que podamos, por un intre, baixar dos ceos e tomar un festivo refrixerio. Fará boa noite, así que no deixedes de vir. Todo o mundo será ben recibido, xa veñades sos ou cos vosos fillos, avós, pais ou parellas!! Artigo aparecido no Correo Gallego (15/5/2010). Achegámosvos unha imaxe do ceo previsto para o martes día 18, ás 22.30 h.