SEECGalicia

Avance da Viaxe a Grecia 2015

Estamos xa en negociacións coa axencia de viaxes habitual para a organización da nosa expedición. Xa que logo, a publicación da noticia coas bases, prezos, prazos, etc, tardará aínda un pouquiño. Por iso, en atención aos máis novos nisto ou os mais impacientes, publicamos agora esta información previa a modo de avance para facilitarvos as tarefas organizativas.

1. As datas previstas son do 14 ao 21 de febreiro (Entroido) aínda que poden sufrir lixeiras variacións.

2. O proceso de organización é semellante en todas as viaxes, polo que podedes consultar a última viaxe a Grecia para obter unha idea global de como funciona.

3. Importante: en caso de que o número de solicitudes exceda o de prazas ofertadas, seguirase a orde de prelacións aprobada para a última viaxe (Italia 2014) e que copiamos e pegamos aquí:

Atenderanse as solicitudes por rigorosa orde de presentación tendo absoluta preferencia os profesores socios de SEEC Galicia cos seus grupos de alumnos.

De non completarse o cupo de prazas poderán ser admitidos outros participantes seguindo esta orde de prelación:

  • Alumnos socios de SEEC Galicia. (Trátase de favorecer aos que teñen menos recursos para acceder a este tipo de viaxes).
  • Resto dos socios de SEEC Galicia (profesores sen alumnos e outros).
  • Non socios, que terán que pagar un extra de 30 euros. (Posibles acompañantes de socios están incluidos dentro deste grupo).

Unha vez finalizada a inscrición, farase pública a lista dos admitidos e será comunicada por correo aos interesados. Os non admitidos inicialmente pasarán a formar parte dunha lista de espera e serán chamados por rigurosa orde en función das eventuais baixas que se produzan.

4. Moi importante: para facilitar que participen o maior número de institutos posibles, foi decisión da última reunión da xunta directiva limitar o número de prazas por instituto a 15 participantes (incluidos profesores).

5. Rogamos que toda cuestión que poida xurdir (previa a publicación formal da convocatoria ou posterior) sexa tramitada por medio do contacto desta web:

Será atendida axiña. Desta maneira facilitamos a tarefa dos coordinadores, que, como sabedes, son profesores coma vós, cheos de traballo e padecedores de retallos de toda índole e que traballan para isto gratis et amore 🙂