SEECGalicia

Axudas de asistencia ao XIII Congreso Español de Estudos Clásicos

A comisión executiva da SEEC na súa reunión do pasado 6 de abril acordou abrir o prazo de presentación de solicitudes para a concesión, por parte da Fundación Ana María Aldama Roy, de 5 axudas de asistencia ao XIII Congreso Español de Estudos Clásicos, que, como ben sabedes, terá lugar do 18 ao 22 de xullo en Logroño. Estas axudas están destinadas a estudantes e licenciados nas áreas humanísticas e serán de 300 euros cada unha, ademais da exención de pago da cota de inscrición no congreso. As solicitudes enviaranse á sede da SEEC por correo electrónico (estudiosclasicos@estudiosclasicos.org) antes do 30 de abril. Os interesados deberán presentar o expediente académico e, en todo caso, resumo da comunicación a presentar no citado congreso.