SEECGalicia

Becas para estudantes asistentes ao Congreso de Valencia

A Delegación de Galicia da SEEC convoca 10 bolsas de 150 euros destinadas a socios estudantes desta delegación que vaian asistir ó XII Congreso Nacional que se celebrará en outubro en Valencia.

Os interesados deberán facer a solicitude enviando un correo electrónico á delegación.

Nel constarán os seguintes datos:

  • Nome
  • Apelidos
  • Dirección postal
  • Teléfono de contacto
  • Correo electrónico

O prazo para facer a solicitude remata o 30 de xuño de 2007. Antes do 10 de xullo a delegación poñerase en contacto cos estudantes beneficiados e os seus nomes serán publicados na web.

Para cobrar a bolsa será necesario presentar o xustificante de estar inscrito no congreso.