SEECGalicia

Carta masiva á Consellería

Despois de ter unha entrevista coa anterior sudirectora xeral de Ordenación Educativa, Mª Victoria Navaza, o curso pasado, agora propoñemos un modelo de carta dirixida ao Director Xeral de Educación, na que comunicamos as nosas reclamacións en relación cos seguintes puntos que, ao noso entender, supoñen un grave perxuizo na didáctica das Clásicas na ESO e no Bacharelato:

  • Modificación do número mínimo de alumnos para poder impartir na ESO as materias optativas (C. Clásica) e opcionais (Latín 4º).
  • Modificación do número mínimo de alumnos para poder impartir no Bacharelato materias propias de modalidade (Grego I e II, Latín I e II).
  • Supresión da obrigatoriedade da Historia do Mundo Contemporáneo (1º bacharelato) e Xeografía (2º de bacharelato).

Facemos un chamamento dende aquí para que quen estea de acordo co seu contido a envie á Conselleria, de xeito que esta reciba un número considerable de escritos coas nosas reivindicacións.
A finalidade desta iniciativa é conseguir chamar a atención cunha entrada masiva da mesma carta, con vistas a pedir unha nova entrevista co Director Xeral.

O enderezo da Consellería e o seguinte:

José Luis Mira Lema
Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Edificio Administrativo de San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela

Podedes enviar tamén un correo-e co mesmo texto a:

dxefpie@edu.xunta.es