Veñen de rematar as xornadas da fase presencial do curso Chiron: Clásicas 2.0 na aula, organizado por SEECGalicia e impartido polos membros do colectivo Chiron. Celebráronse no IES Xelmírez, no campus da universidade compostelana, durante a tarde do vernes e a mañá e tarde do sábado. Cómpre salientar que durante esta última xornada caeu o servidor da Xunta de Galicia e o curso sobre web 2.0 tívose que impartir a golpe de tiza e encerado.
Pero ninguén mellor que os propios participantes para contar a súa experiencia. Aquí tedes unha relación das crónicas que apareceron nos diferentes blogs do Planeta.

 

Recordamos a todos os admitidos no curso Chiron: Clásicas 2.0 na aula, que o prazo de matrícula comezou onte, luns día 15 de setembro, e remata o sábado 25 de outubro de 2008.

A matrícula terá que efectuarse na Sección de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua da USC (Unidade de Xestión do Campus sur. Pavillón de Estudiantes. Campus Sur. Santiago de Compostela. Tlf: 981 56 31 00)

Podedes descargar dende aquí o modelo de formulario deste curso , onde xa veñen cubertos os datos do mesmo, que recordamos a continuación:

  • Tipo de curso: Formación contínua
  • Código do curso: F8V1
  • Título: Chiron: Clásicas 2. na aula
  • Departamento/Centro que organiza: Delegación Galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos
  • Directora curso: Cecilia Criado Boado
  • Departamento: Latín e Grego. Facultade Filoloxía. USC.
  • Enderezo: Facultade de Filoloxía. Avda. Castelao s/n 15782 Santiago de Compostela.

Agradeceríamos tamén a todos aqueles admitidos que, por calquera motivo, non vaian efectuar a matrícula, que nolo comuniquen á maior brevidade posible no correo-E, secretaria@seecgalicia.org, xa que temos unha lista de espera de 28 alumnos.

 

Rematado xa o período de preinscrición publicamos a lista de admitidos e a lista de espera neste curso.

Recordamos que para a selección de aspirantes tívose en conta en primeiro lugar o feito de ser socios da SEEC e logo a orde de presentación das solicitudes.

O Período de matrícula será dende o 15/09/2008 ao 25/10/2008 e terá que efectuarse na Sección de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua da USC (Unidade de Xestión do Campus sur. Pavillón de Estudiantes. Campus Sur. Santiago de Compostela). Aquí tedes unha
ligazón ao formulario.

Para dúbidas sobre cuestions relativas ás matrículas, poñédevos en contacto coa Sección de Posgrado: tfno. 981563100, ext. 14588; e-mail: cptf@usc.es; ou coa Sección Galega da SEEC no correo-E secretaria@seecgalicia.org

O prezo da matrícula será de 70 €. que se fará efectiva mediante o ingreso nunha conta bancaria da Universidade que se vos indicará na Sección de Posgrao

 

Dende hoxe 9 ata o día 30 deste mes de xuño, ábrese o prazo de preinscrición para o curso “Chiron 2,0: Clásicas na aula”. Para facelo só tedes que cubrir este sinxelo formulario.

Pica aquí para máis información sobre o este curso.

© 2012 SEEC Galicia Suffusion theme by Sayontan Sinha