
Curso de PERFECCIONAMENTO DO GREGO MODERNO IA Delegación Galega da SEEC organiza un Curso de Formación Continua no ámbito dos cursos de Posgrao da Universidade de Santiago de Compostela. Este curso, concibido como continuación do anterior, leva por título “Curso de Perfeccionamento do Grego Moderno I”, e esperamos que sexa de interese para todos vós. A Sección de Posgrao da Universidade de Santiago de Compostela expedirá un diploma a cada alumno, no que constará o recoñecemento -computable a efectos de administración autonómica- de 4 CRÉDITOS (40 horas). O número máximo de alumnos admitidos será de 35 e o prezo da matrícula 60 €. Non é necesario ter feito o curso de Iniciación. DATOS DO CURSO:
PROCEDEMENTO DE PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA: A preinscrición poderá ser formalizada de calquera dos seguintes modos:
Unha vez rematado o prazo de inscrición, a lista de admitidos será publicada na páxina web da Delegación Galega da SEEC http://www.seecgalicia.org/ A matricula formalizarase no prazo comprendido entre o 22-10-2007 e o 31-10-2007 na Sección de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua da USC (Unidade de Xestión do Campus sur. Pavillón de Estudiantes. Campus Sur. Santiago de Compostela). Podedes descargar o formulario proporcionado pola USC. Para calquera dúbida sobre cuestións relativas ás matrículas, poñédevos en contacto coa codirectora do curso Maite Miñambres tminambres@edu.xunta.es ou coa Sección de Posgrao: tfno. 981563100, ext. 14588; correo-E cptf@usc.es. O importe da matrícula (60 €) deberá ser ingresado na conta bancaria indicada pola sección de Postgrao da Universidade. —————————————————————————————————————————————————————————————————
|
Copyrigh @ 2004, Delegación Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos

