chiron

Deixamos aquí unha recompilación das crónicas sobre o curso aparecidas en distintos blogs:

Galerías de imaxes:

* imaxe de Néstor Alonso

 

Xa se pode consultar o programa detallado e as instrucións de matrícula para o curso "Chiron en Compostela 2011". Este curso pretende ser continuación daquel outro celebrado en 2008, pero con algunha novidade, como a cea de "Fin de Curso", o "Macellum" (un espazo de intercambio de material didáctico), ou a "Mesa Redonda" final, para debater e poñer en común experiencias educativas. Terá unha continuación virtual a través da plataforma Moodle de SEECGalicia.

Nesta ocasión, ademais da presenza dos membros máis senlleiros de Chiron, teremos con nós a unha representación da asociación Ludere e Discere de Sagunt.

Este curso está homologado pola Consellería de Educación aos efectos de Formación do Profesorado con 30 horas, como se pode consultar na web da consellería

Pódese tamén descargar o programa en formato *.pdf

 

Construíndo o noso espazo persoal de aprendizaxe.

Volta Chiron a Compostela. Nos días 25 e 26 do vindeiro mes de novembro, nas dependencias do IES Xelmirez I de Santiago de Compostela, terá un lugar este curso organizado por SEECGalicia, que pretende ser continuación daquel outro celebrado en 2008, pero con algunha novidade, como a cea de “Fin de Curso”, o “Macellum” (un espazo de intercambio de material didáctico), ou a “Mesa Redonda” final, para debater e poñer en común experiencias educativas.

O curso terá unha continuación virtual a través da plataforma Moodle de SEECGalicia.

Nesta ocasión, ademais da presenza dos membros máis senlleiros de Chiron, teremos con nós a unha representación da asociación Ludere e Discere de Sagunt.

Este curso está homologado pola Consellería de Educación aos efectos de Formación do Profesorado con 30 horas, como se pode consultar na web da consellería.

Datas fase presencial

25 e 26 de novembro de 2011.
Lugar: IES Xelmirez I, Santiago de Compostela

Prazas e prezo

30 prazas. Terán preferencia os que sexan socios da SOCIEDAD ESPAÑOLA DE ESTUDIOS CLÁSICOS. Terase en conta tamén a orde de cumprimentación do formulario.

80 € (Cea non incluída)
Deberá realizarse unha transferencia á conta  2091 0343 72 3040005068 de Caixa Galicia, Vista Alegre 112, Santiago de Compostela.
En “asunto”, deberá figurar “Curso Chiron 2011“.

Matrícula

Do 15 a 30 de setembro mediante formulario web.

Programa

Venres 25

16:30 h.
Inauguración do curso. Pecha Kutcha presentando cada un dos talleres.
17:30 – 20:30 h.
Talleres

Sábado 26

9:00-12:00 h.
Talleres
12:00-12:30 h.
Café descanso
12:30-14:00 h.
Talleres

16:30-19:30 h.
Talleres
19:30-20:30
Mesa redonda
21:30 h.
Cea

Talleres

1: Busca de textos-Axudantes de tradución (Perseus, Collatinus, No Dictionaries, Numen, Philolog.us, Alpheios, Didacterion, Verbix)
2: Busca de imaxes-Licenzas CC-Publicación (Flickr)
3: Actividades (Moodle, Flash-Cards, Quia, Google Docs, Google Maps)
4: Redes sociais (Twitter, Facebook, Google +)
5: Publicación web (Wikispaces, Google Sites, Blogger)
6: Ludere et Discere (presentación dos talleres de Sagunt)
7: EPA (Espazo persoal de aprendizaxe): Marcadores sociais (Diigo). Google Reader. Friendfeed. Twitter.

 Macellum

Trae o teu lapis de memoria ou disco duro portátil e comparte o teu material didáctico: películas, documentais, textos, etc.

Docentes

  • Luis Inclán García-Robés
  • Ana Mª Ovando Moros
  • Carlos Cabanillas Núñez
  • Olga Díez Fernández
  • Sebastià Giralt Soler
  • Margalida Capellà Soler
  • Álvaro P. Vilariño
  • Juan Vte. Santa Isabel López

Descargas

Descarga o programa en*.pdf

 

A USC vén de aprobar o curso “Chiron en Compostela II”, organizado por SEECGalicia, que será a lóxica continuación do celebrado no ano 2008. Será no último fin de semana de novembro, venres 25 (16:30-20:30), e sábado 26 (9:00.14:00  / 16:30-20:30) no IES Xelmirez I de Santiago de Compostela. Logo da fase presencial continuaremos “en liña” dende a Aula Virtual de SEECGalicia.

Podemos confirmar xa a asistencia de Luis Inclán, Sebastiá Giralt, Margalida Capella, Ana Ovando, Juanvi Santa Isabel, Carlos Cabanillas e Olga Díez.

A preinscrición terá lugar en setembro, cando daremos a coñecer toda a información sobre estas xornadas (prezo, horas, prazas, contidos, etc.).

A diferenza dos cursos organizados os anos anteriores, este curso foi admitido dentro do convenio da USC coa Consellería de Educación, segundo o cal, poderán participar no curso profesores en activo de ensino secundario aos que se lles recoñecen 30 horas de formación de profesorado.

© 2012 SEEC Galicia Suffusion theme by Sayontan Sinha