A Sección Galega da SEEC organiza este Curso de Formación Continua no ámbito dos cursos de Posgrao da Universidade de Santiago de Compostela.
O curso busca pretende acadar unha axeitada actualización científica nas metodoloxías da investigación da área da Filoloxía Clásica, e asemade, ofrecer unha axeitada formación teórica e práctica para o desenvolvemento tanto de traballos científicos na área como para potenciar a autoformación dos profesionais de Latín e Grego, ofrecendo as ferramentas axeitadas e máis novedosas para a búsqueda de datos e actualización científica e académica.
O devandito curso terá lugar na Aula de Informática da Facultade de Filoloxía de Santiago e comezará o 24 de febreiro de 2011 ás 17:00. A seguinte sesión terá lugar o 25 de febreiro, venres, ás 17 horas. Ambas as dúas estarán impartidas polo profesor Francisco Cortés Gabaudán e versarán sobre o uso de unicode para textos gregos. As seguintes sesións terán lugar os días 18 e 25 de marzo de 2011, 1 e 8 de abril, e 29 de abril e 6 de maio, todas elas ás 17 horas na Aula de Informática da Facultade de Filoloxía da USC.
O curso onsta de catro módulos temáticos:
1. Unicode e alfabetos gregos. Aplicacións para Filoloxía Clásica. Métodos e elementos característicos. (Prof. F. Cortés Gabaudán)
2. A metodoloxía científica nos Estudios Clásicos e a elaboración de traballos de investigación. (prof. Cecilia Criado)
3. Internet como método de investigación para Filoloxía Clásica. O Proxecto Chiron (Prof. Álvaro P. Vilariño)
4. Metodoloxías teóricas en Filoloxía Clásica. Aplicacións áo traballos científicos. (Prof. Xosé A. López Silva)
