Os días 18, 19 e 20 de maio celebrouse a clausura nacional dos Festivais de Teatro Grecolatino de Prósopon. Este ano os organizadores do Festival das Baleares foron os anfitrións na illa de Menorca, onde recibiron aos representantes das 11 sedes que integran o circuito. En representación da nosa sede, a SEEC Galicia, acudiron a tesoreira Teresa Amado e o secretario Juan Manuel Casal.

O día 18, na biblioteca municipal de Mahón, reuníuse a xunta xeral e entre outras cousas acordou nomear socio de honra de Prósopon á Institución do Teatro Principal de Palma, pola súa colaboración continuada e desinteresada aos festivais. O día 19 pola mañá os organizadores de toda España visitaron os xacementos talaióticos máis importantes da illa, guiados polo arqueólogo Octavi Pons.

 

 

Seguir lendo »

 

O martes dia 15 de marzo, durante a representación de Electra no Festival Grecolatino de Teatro de Lugo que organiza SEEGalicia, no circuito da  Asociación de festivales de teatro grecolatinoPrósopon, a TVG fixo unha entrevista a Javier Fernández, director da compañía Noite Bohemia (Instituto Zalaeta, A Coruña). Seguidamente gravou os últimos momentos da representación.

 

O martes dia 15 de marzo, durante a representación de Electra no Festival Grecolatino de Teatro de Lugo que organiza SEEGalicia, no circuito da  Asociación de festivales de teatro grecolatino Prósopon, a TVG fixo unha entrevista a Javier Fernández, director da compañía Noite Bohemia (Instituto Zalaeta, A Coruña). Seguidamente gravou os últimos momentos da representación.

 

O grupo Parrocha foi o encargado de baixar o telón da edición 2012 do festival de teatro grecolatino de Lugo coa representación de Miles Gloriosus de Plauto.

© 2012 SEEC Galicia Suffusion theme by Sayontan Sinha