Os días 17 e 18 de maio celebrouse en Tarragona a clausura nacional do circuíto de teatro xuvenil Prósopon á que pertence a sede de Lugo. Os representantes dos 10 festivais comezaron o día visitando as excavacións da catedral, onde se poden ver os restos do antigo capitolio da vella Tarraco. Desde alí foron ó museo arqueolóxico, sempre acompañados de investigadores do instituto de arqueoloxía romana de Tarragona. Seguir lendo »
FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO LUGO 2008
PROGRAMA E RESERVA DE PRAZA
Coordinadora: Dulce Estefanía e Mª Teresa Amado
Lugar: Auditorio “Gustavo Freire”.
Programa:
Día 3 de marzo, Luns12:00 Samia, Menandro 17:00 Hécuba, Eurípides |
Día 4 de marzo, Martes12:00 Hécuba, Eurípides 17:00 Aulularia, Plauto |
Día 5 de marzo, Mércores12:00 Ifigenia en Áulide, Eurípides 17:00 Ifigenia en Áulide, Eurípides |
Día 6 de marzo, Xoves12:00 Troyanas, Eurípides 17:00 Nubes, Aristófanes |
INSTRUCCIÓNS PARA PARTICIPAR NO FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO LUGO 2008
-
AS RESERVAS: Os centros reservarán entrada cubrindo o Formulario que figura ó final desta páxina (recomendado), ou enviando un fax ao 981 57 46 46 á atención de Teresa Amado.
Aportación por alumno e lugar de ingreso: Por cada unha das representacións, o alumno aboará 5 euros. Os ingresos faranse na conta 2091 0343 72 3040005068 de Caixa Galicia, Vista Alegre 112, Santiago de Compostela. Os profesores non pagan.
-
FOLLAS DE PAGAMENTO E XUSTIFICANTES DE INGRESO BANCARIO
Unha vez feita a reserva de praza, enviarase por correo a folla de pagamento cumprimentada e o xustificante de ingreso bancario a: Mª Teresa Amado, Facultade de Filoloxía, Avda. de Castelao s/n, 15782 Santiago de Compostela.
Anularanse as reservas cuxas follas de pagamento e xustificantes de ingreso bancario non teñan sido recibidos nos 15 días hábiles posteriores á data de realización das mesmas.A folla de pagamento pódese descargar dende aquí en versión *.pdf para enviar por correo ordinario ou ben en versión *.doc (word) para enviala por correo-E como arquivo adxunto. Tamén se envía aos centros co programa completo das representacións de PROSOPON en todo o estado.Xustificante de pago bancario: Farase constar nel o nome do centro e o DNI do profesor responsable. Enviarase por correo ordinario ou electrónico (escaneado) ó seguinte enderezo: Teresa Amado, Facultad de Filología, Avda de Castelao s/n, 15782 Santiago de Compostela.
No caso de utilizar o correo Electrónico a dirección é: secretaria@seecgalicia.org. (Aproveitade o mesmo envío para mandar a folla de pagamento e o xustificante de ingreso escaneado como arquivos adxuntos).
Anularanse as reservas das que non se teña recibido xustificante de pago nos 15 días hábiles posteriores á data de realización.
-
ENVÍO DE OBRAS E ENTRADAS: A partir do 1 de febreiro de 2008.
Contactos: Dulce Estefanía, tfn. 981 56 31 00, extensión 11844 (horario de lunes a venres de 12:00 a 13:30).
Visitas: En Lugo murallas e termas romanas. Museo Provincial. Museo Porta Miñá. Casa dos mosaicos. Arredores de Lugo: Santa Eulalia de Bóveda e castro de Viladonga con museo didáctico.
Oficina de turismo tfn. 982 23 13 61
Web do Concello de Lugo
Patrocina: Concello de Lugo e Delegación Galega da SEEC
————-
