
A pasada fin de semana tivo lugar en Lugo a clausura nacional dos festivais de Prósopon, coa asistencia do representantes de toda España. O venres celebrouse a asemblea xeral, na que, entre outros puntos, acordouse nomear socios de honra a Dna. Milagros López Salvador, conselleira do MEC, a Dna. Dolores Vieiro Núñez, concelleira de educación e a D. Xosé Clemente López Orozco, alcalde do Exmo. Concello de Lugo, polo seu apoio en defensa dos festivais de teatro clásico. O sábado, invitados pola Deputación de Lugo, percorrimos a Ribeira Sacra, embarcando no catamarán de Belesar e, xa pola tarde, tivo lugar o acto oficial da clausura, que foi presidido polo alcalde. (pica en ler máis para seguir). Seguir lendo »
O mércores 10 de marzo rematou o festival de teatro grecolatino de Lugo coa representacion de Menaechmi de Plauto.
