Probabelmente sexa a viaxe máis completa de todas as que organizou SEECGalicia a Italia. Acompañounos a sorte. Gozamos dunha extraordinaria temperatura durante toda a semana tanto no sur (Pompeia) como no norte (Florencia) e non digamos deambulando por Roma.

A sorte foi maior se pensamos que só oito días antes caera en Italia a “nevada do século”, que Roma estivera pechada ao tráfico, que o Coliseo non se puido visitar e que toda Italia quedara baixo un manto de neve superior aos 30 cm. de media. En numerosas ocasións vimos os bordos das estradas cheos de neve apilada, ata nos xardíns da Galleria Borghese se vían restos da nevada.

Seguir lendo »

 

A continuación detallamos o programa da viaxe a Italia 2012 organizada por SEECGalicia para profesores e alumnos de centros de ensino de Galicia. Será durante os días 18 e 25 de febreiro de 2012, haberá 50 prazas dispoñibles (con prioridade para os profesores socios da SEEC), custará ao redor de 600€ por persoa e haberá que inscribirse no formulario da web de SEECGalicia dende as 00:00 horas do mércores 2 de novembro de 2011 ata o 15 dese mesmo mes. Pica en ler máis para acceder a toda a información.  Seguir lendo »

 

Acaba de rematar a viaxe a Grecia organizada por SEECGalicia. Un grupo formado por 50 persoas, 42 alumnos e 8 profesores, dos Institutos Agra de Leborís, de Laracha; Moncho Valcarce, de As Pontes; Saturnino Montojo, de Ferrol; Elviña, da Coruña; Xulian de Magariños, de Negreira, baixo a coordinacion de Ricardo Martín, percorreron durante a semana pasada algúns dos lugares míticos da historia da civilización grega: Atenas, co seu flamente novo museo da Acrópole, Cabo Sunión, Olimpia, Nemea, Micenas, Nauplio, Tirinto, Delfos, Meteora, as Termópilas…

Pica en ler mais para ver a Crónica da viaxe.  Seguir lendo »

 

Datas: do 5 ao 12 de marzo
Itinerario clásico: Atenas, Epidauro, Micenas, Tirinto, Olimpia o Meteora, e Delfos
Director: Ricardo Martín
45 prazas máxima – mínimo 40

Prioridade:

  • Profesores socios de SEECGalicia
  • Rigoroso orde de presentación de solicitude

Prazo de preinscrición: 18 de outubro – 15 de novembro
Modo: formulario operativo na nosa web a partir do 18 de outubro.

Seguir lendo »

© 2012 SEEC Galicia Suffusion theme by Sayontan Sinha