SEECGalicia

CHIRON 2.0: CLÁSICAS NA AULA

Este curso foi aprobado no marco da Sección de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua da USC.

Rematou xa o período de preinscrición e foi publicada a lista de admitidos e a lista de espera.

O Período de matrícula será dende 15/09/2008 ao 25/10/2008 e terá que efectuarse na Sección de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua da USC (Unidade de Xestión do Campus sur. Pavillón de Estudiantes. Campus Sur. Santiago de Compostela). Aquí tedes unha ligazón ao formulario.

Para dúbidas sobre cuestions relativas ás matrículas, ponédevos en contacto coa Sección de Posgrado: tfno. 981563100, ext. 14588; e-mail: ; o coa Sección Galega da SEEC no correo-E .

O prezo da matrícula será de 70 €. que se fará efectiva mediante o ingreso nunha conta bancaria da Universidade que se vos indicará na Sección de Posgrao.

Programa

Novos recursos, novas ferramentas. Unha aproximación á renovación da didáctica das linguas clásicas dentro da nova internet 2.0. Tralas respectivas ponencias terá lugar un taller práctico onde poder aplicar o aprendido. Cada alumno contará cun ordenador con conexión a Internet.

Datas

21-22 de novembro 2008 (fase presencial), xaneiro-abril 2009 (titorización e horas non presenciais)

Horario

Vernes, 16:30-20.30 h. Sábado, mañá: 9:00 – 14:00 h. Sábado, tarde: 16:30 – 20:30 h.

Créditos/horas

10 créditos / 100 horas

Lugar de celebración

Aula de informática I.B. Xelmirez I (Santiago de Compostela)

Prezo

70€

Número de alumnos

mínimo 15 / máximo 30

Requisitos de acceso

Licenciado

Criterios para a selección de aspirantes

Terán preferencia os que, cumplindo os requisitos anteriores, sexan socios da SOCIEDAD ESPAÑOLA DE ESTUDIOS CLÁSICOS. Terase en conta a orden de presentación das solicitudes de admisión.

Materias

  1. Presentación de Chiron: manexo dos recursos e colaboración no proyecto.
    • Qué é web 2.0
    • Como nace Chiron
    • Breve historia de Chiron
    • Seccións en Chiron
    • Introdución práctica a algunhas ferramentas de Chiron: galería de fotos, marcador social, videos…
  2. Planeta de blogs.
    • Os blogs: ventás abertas ao mundo.
    • Facilidade de publicación e de administración.
    • Os blogs como instrumento para a docencia.
    • Tipos de blogs: Blog de profesor. Blog de alumno. Blog de aula.
    • Taller: creación dun blog individual.
  3. As Wikis e o seu aproveitamento didáctico
    • As wikis, características e usos.
    • A wiki de Chiron.
    • Taller: creación dunha wiki.
  4. Aulas virtuais: Introdución ao E-learning. A plataforma Moodle.
    • Ubicuidade.
    • Comunicación multidireccional.
    • O docente como titor.
    • O alumnado como protagonista da súa formación.
    • A renovación metodolóxica.
    • Taller: creación dun curso dentro da plataforma Moodle.

XUSTIFICACIÓN DO CURSO

A irrupción das TIC no ensino está revolucionando os procedementos de moitos profesores. Entre eles, os de clásicas (Latín, Grego, Cultura Clásica), foron vendo como ían aparecendo novas ferramentas coas que elaborar, clasificar e compartir recursos educativos.

Hai ano e medio xurdiu CHIRON, un proxecto de traballo colaborativo formado por profesores de clásicas de diferentes puntos do Estado, que representa un exemplo da chamada web 2.0.

Dado que a súa implantación foi rápida e demostrou a súa eficacia para animar, motivar e proporcionar ferramentas ao profesorado, cremos conveniente desenvolver un curso dedicado nun primeiro momento ao coñecemento de CHIRON, non só para mostrar como pode un profesor valerse dos recursos que proporciona senón tamén para ensinar como pode colaborar no proxecto aportando os recursos propios. Estamos a falar do Planeta de blogs Clásicos, da wiki de recursos, do marcador social, do calendario de eventos, da galería de imaxes, de vídeos e de presentacións, do blog de reseñas bibliográficas, do Foro, do Chat.

A segunda parte do curso estaría dedicada é á integración das TIC nas aulas de clásicas. A tal efecto, contaremos coa presenza de varios dos seus creadores, que nos explicarán as características e a versatilidade de CHIRON, e como podemos aplicar esas ferramentas na nosa tarea docente diaria. Así pois, logo da presentación do proxecto e un taller práctico encamiñado a familiarizarse coas ferramentas utilizadas nel, haberá unha sección dedicada aos blogs, outra ás wikis e o seu aproveitamento didáctico e unha cuarta ás Aulas Virtuais: E-leaning e Moodle.

Ministerio de Educación y Ciencia