SEECGalicia

Chiron en Compostela 2011

A USC vén de aprobar o curso “Chiron en Compostela II”, organizado por SEECGalicia, que será a lóxica continuación do celebrado no ano 2008. Será no último fin de semana de novembro, venres 25 (16:30-20:30), e sábado 26 (9:00.14:00 / 16:30-20:30) no IES Xelmirez I de Santiago de Compostela. Logo da fase presencial continuaremos “en liña” dende a Aula Virtual de SEECGalicia. Podemos confirmar xa a asistencia de Luis Inclán, Sebastiá Giralt, Margalida Capella, Ana Ovando, Juanvi Santa Isabel, Carlos Cabanillas e Olga Díez. A preinscrición terá lugar en setembro, cando daremos a coñecer toda a información sobre estas xornadas (prezo, horas, prazas, contidos, etc.). A diferenza dos cursos organizados os anos anteriores, este curso foi admitido dentro do convenio da USC coa Consellería de Educación, segundo o cal, poderán participar no curso profesores en activo de ensino secundario aos que se lles recoñecen 30 horas de formación de profesorado.