SEECGalicia

CLAUSURA DO FESTIVAL XUVENIL DE TEATRO GRECOLATINO DE “PROSOPON”

Os días dous e tres de xuño tivo lugar a clausura do Festival de Teatro Xuvenil de “Prosopon”, os actos celebráronse en Baelo Claudio e Itálica e foron un gran éxito de asistencia e organización.

O sábado tres a nutrida representación das distintas delgacións de “Prosopon” en toda España realizou unha visita a Baelo Claudia na praia de Bolonia (Cádiz), guiados polo director do xacemento e ao mesmo tempo organizador do Festival de Teatro. Hai que salientar aquí a magnífica impresión que causaron as excavacións e o seu entorno no Parque Natural do Estreito, onde tiveron lugar unhas excelentes representacións da vida cotiá na colonia por actores moi bos e ben caracterizados. Despóis do xantar celebrouse a primeira parte da asamblea de “Prosopon Ao día seguinte as delegacións fixeron un percorrido polas ruínas de Itálica guiados pola directora do conxunto arqueolóxico e, tras concluír os asuntos pendentes da asemblea do sábado, houbo unha visita ao mosteiro de San Isidoro do Campo en Santiponce. Alí, tras un concerto de música antiga do grupo Artefactum, o tenente-alcalde, e alcalde “in pectore” da vila, xunto co presidente de “Prosopon” clausuraron oficialmente o festival 2007 Non queremos deixar de destacar o excelente trato e a magnífica organización dos responsables de “Prosopon” en Itálica e Baelo Claudia, e dende aquí enviámoslles o noso máis sinceiro agradecemento e esperamos que en posteriores edicións do festival se poida manter o alto nivel alcanzado este ano.