SEECGalicia

Comeza a edición 2007 do festival grecolatino de Lugo

No día de onte botou a andar a edición deste ano do festival de teatro de Lugo, cunha asistencia de aproximadamente 1.500 espectadores, entre as sesións de mañá e tarde.

Os alumnos, procedentes de case 30 centros de ensino de Galicia, puideron asistir á representación das Fenicias, de Eurípides, e Cestita, de Plauto, a cargo do grupo Aristhrión, de Villaviciosa de Odón, Madrid. A edición dixital da Voz de Galicia recolle unha pequena crónica do evento.

Neste mesmo acto a presidenta da Delegación galega da SEEC, Dulce Estefanía, fixo entrega do 2º e 3º premio do concurso Odisea 2007 aos equipos gañadores, pertencentes ao instituto coruñés Salvador de Madariaga.