SEECGalicia

COMEZA A FUNCIÓN

Hoxe levantamos o telón da XIII edición do Festival de Teatro Grecolatino de Lugo, organizado pola Sección Galega da “Sociedad de Estudios Clásicos”. Unha vez máis contamos coa colaboración do Concello lucense a través da Concellería de Educación. Representáronse ás 12:00 h. Agamenón de Esquilo e ás 17:00 Tesmoforias de Aristófanes a cargo ambas dos grupos coruñeses “Phoenix” e “El Ruiseñor”.