SEECGalicia

COMEZA O CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE GREGO MODERNO I

O próximo venres, día 25 de xaneiro, comezará na Facultade de Filoloxía, na aula 24, o Curso de Perfeccionamento de Grego Moderno I promovido e organizado pola Delegación Galega da SEEC e dentro dos cursos de Formación Continua da USC.

O curso é de 4 créditos (40 horas) e será impartido polo profesor grego Sotiris Babajimopoulos.