SEECGalicia

Comeza o festival de teatro de Lugo 2011
Preto de 4.300 alumnos de 92 centros educativos de Galicia, Asturias, León e Zamora, daranse cita o luns, martes e mércores desta semana no auditorio Gustavo Freire de Lugo, para asistir ás representacións teatrais pogramadas nesta nova edición do festival de teatro grecolatino organizado por SEECGalicia.
Dende aquí o noso agradecemento a todos os participantes, profesores e alumnos, e ao Concello de Lugo polo seu apoio.

*Imaxe de Cistellaria, polo Grupo S.V. Produciones (Directora Susana Verdú) de Madrid. Fotografía de Miguel Bugallo.