SEECGalicia

COMEZAN DOUS CURSOS DE FORMACIÓN CONTINUA ORGANIZADOS POLA DELEGACIÓN GALEGA DA SEEC

O próximo venres día 29, ás 17:00 horas, comezan dous cursos de Formación Continua, dentro do ámbito de Posgrao da USC, organizados pola Delegación Galega da SEEC: Curso de Perfeccionamento de Grego Moderno III impartido pola profesora nativa, Sula Repani e Curso de Iniciación á Metodoloxía Científica que será impartido polo profesor de Grego da Universidade de Salamanca, Francisco Cortés Gabaudan, pola profesora de Latín da USC, Cecilia Criado Boado e polos profesores de Secundaria, Álvaro Pérez Vilariño e Xosé Antonio López Silva. Ambos os dous cursos terán lugar na Facultade de Filoloxía da USC.