SEECGalicia

Concurso Odisea 2012

A Sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos (SEEC) convoca a séptima edición do concurso ODISEA, no que poderán participar todos os alumnos e alumnas que así o desexen, pertencentes a calquera dos Centros Oficiais de Ensino Secundario de Galicia. Terá lugar entre os días 6 de febreiro e o 10 de febreiro (primeira fase), e os días 15-17 de febreiro e 29 febreiro-2 de marzo de 2012 (desempate local e fase final estatal respectivamente), segundo se detalla nas bases e calendario. Nesta edición volveremos a contar coa participación das seccións da SEEC de Valencia-Castellón e de Alacant, e por primeira vez participará no concurso Catalunya grazas á Associació de Professorat de Llengües Clàssiques (APLEC). Visto o bo resultado da edición temática do ano pasado, nesta edición repetimos a experiencia. O tema que centrará o concurso será “as viaxes no mundo grecorromano”.