SEECGalicia

Conferencia sobre Santa Eulalia de Bóveda

O historiador e arqueólogo Enrique Montenegro Rúa impartirá unha conferencia-clase, aberta a todos os interesados, sobre “Santa Eulalia de Bóveda. Sepulcro monumental de un iniciado dionisíaco” o próximo martes, 14 de febreiro, ás 16:30 na aula “C-04” da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.
Na páxina web www.boveda.org pode consultarse toda a interesante información que o Prof. Enrique Montenegro ofrece sobre o monumento de Santa Eulalia.