SEECGalicia

Convocatoria da Asemblea Anual

O mércores 27 de maio de 2015, ás 16.30h. en primeira convocatoria e ás 17.00h en segunda, terá lugar a asemblea anual de SEECGalicia coa seguinte orde do día: 1. Informe da Presidenta 2. Informe económico 3. Oferta de materias de libre configuración en IES Unha vez concluída a asemblea, ás 18.00h. terá lugar a entrega de premios da I Olimpíada de Textos Clásicos organizada por SEECGalicia en colaboración co Departamento de Latín e Grego da USC. Inmediatamente despois da entrega de premios, asistiremos á representación do Miles gloriosus de Plauto, posta en escena por Note Bohemia da Coruña. Os profesores poden vir acompañados polos seus alumnos. Se estes fosen moitos, rogámosvos que enviedes un correo a Teresa Amado (mariateresa.amado@usc.es) co fin de reservar o lugar máis axeitado para a representación. Un saúdo afectuoso. Cecilia Criado Presidenta de SEECGalicia Mª Teresa Miñambres Vicepresidenta de SEECGalicia