SEECGalicia

Convocatoria da Viaxe a Grecia 2015

SEECGalicia organizou a viaxe a Grecia 2015, Operación Atenea, para profesores e alumnos de clásicas de centros de ensino de Galicia. A viaxe será durante os días 15 e 22 de febreiro de 2015, haberá 53 prazas dispoñibles, custará 728 euros por persoa (en habitación tripla) e haberá que inscribirse no formulario da web de SEECGalicia dende o 13 ata o 20 de novembro de 2014.