SEECGalicia

CUARTA OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS 2018

BASES

1. Destinatarios
Alumnos de 1º e 2º de Bacharelato de centros de Galicia.

2. Proba
Os alumnos poderán concorrer libremente a unha ou a ámbalas dúas probas.
Cada proba consistirá na tradución do texto proposto, acompañada de análise morfolóxica e sintáctica dunha selección de dito texto que se sinalará oportunamente.
Os textos das probas serán dos autores utilizados nas PAU de anos anteriores:
— en Lingua Grega, da obra de Platón e Xenofonte reducirase adicionalmente para esta proba o corpus ao primeiro libro de Anábase e primeiro libro de Helénicas e ás obras platónicas Critón e Apoloxía de Sócrates.
— en Lingua Latina poñeranse textos de Eutropio e Fedro.

3. Data, lugar e hora
Xoves 5 de abril de 2018
Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela, aula C-11
16:00-17:30: proba de Lingua Grega
17:30-18:00: descanso
18:00-19:30: proba de Lingua Latina

4. Xurado
O xurado encargado de avaliar as probas estará integrado por un profesor de Universidade e dous profesores de Instituto. Nomearase un xurado específico para cada proba. O fallo será inapelable.

5. Premios
Outorgaranse 3 premios para cada modalidade:
1º premio: 250€
2º premio: 150€
3º premio: 100€
Todos os participantes recibirán un diploma acreditativo da participación.
A entrega de premios será previsiblemente o xoves día 26 de abril de 2018 en Santiago de Compostela. Ese mesmo día terá lugar a terceira edición dos Ludi Compostellani con varios obradoiros didácticos e outras actividades, segundo oportunamente se anunciará.

6. Inscrición
Enviarase o boletín de inscrición (pódese baixar aquí) ao enderezo institucional de correo electrónico do Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana da USC (departamento.cfisec@usc.es), indicando en asunto “Olimpíada”.
Prazo de inscrición: do 26 de febreiro ao 23 de marzo de 2018.