SEECGalicia

Curso CIRCE “A Classics & ICT Resource Course for Europe”

Despois das anteriores edicións en Oxford, Nyborg, Rome, Ljubljana ou Aquileia, este ano o curso  CIRCE “A Classics & ICT Resource Course for Europe“, terá lugar en Barcelona. Será dende o 10 ao 17 de xullo de 2011.

O curso ten como obxectivo formar aos profesores de Clásicas de toda Europa para explotar os recursos proporcionados polas TICs  no ensino do Grego Antigo, Latín e Civilización Clásica (é tamén unha magnífica oportunidade para coñecer a outros colegas europeos , intercambiar opinións, metodoloxías, practicar idiomas…).

O curso ten un custo de 1.300€ (incluídos aloxamento, comidas, curso e materiais), e os profesores poden pedir unha Beca Comenius polo importe total do mesmo.

Tedes toda a información no arquivo adxunto.