SEECGalicia

Curso “Circe” en Ljubljana (Eslovenia) – xullo 2009

O proxecto CIRCE, logo das súas convocatorias en Oxford 2006, Dinamarca 2007 e Roma 2008, convoca un novo curso sobre as TIC aplicadas ás ensinanzas clásicas, que terá lugar nos días 16-26 do mes de xullo de 2009 en Ljubljana (Slovenia). Unha gran oportunidade para coñecer a colegas de toda Europa e practicar idiomas. Recordamos aos nosos socios que se pode optar a unha axuda para acudir a este curso, xa que figura no catálogo do programa Comenius.

Consulta o programa en *pdf.