A Sección Galega da SEEC organiza este Curso de Formación Continua no ámbito dos cursos de Posgrao da Universidade de Santiago de Compostela.

O curso busca pretende acadar unha axeitada actualización científica nas metodoloxías da investigación da área da Filoloxía Clásica, e asemade, ofrecer unha axeitada formación teórica e práctica para o desenvolvemento tanto de traballos científicos na área como para potenciar a autoformación dos profesionais de Latín e Grego, ofrecendo as ferramentas axeitadas e máis novedosas para a búsqueda de datos e actualización científica e académica.

A Sección de Posgrao da Universidade de Santiago de Compostela expedirá un diploma a cada alumno, no que constarán 70 horas de Formación Académica. Tamén este curso está recoñecido polo Servizo de Xestión e Programación Académica con 2 Créditos de Libre Configuración Curricular para as Licenciaturas de Filoloxía, Xeografía e Historia e Filosofía. O número máximo de alumnos admitidos será de 30, con ampliación solicitada á UXA ata 33, e o prezo da matrícula 25,00 €.

O curso consta de catro módulos temáticos:

1. A metodoloxía científica nos Estudios Clásicos. Introdución Xeral. (prof. Cecilia Criado)
2. A elaboración dun traballo científico en Filoloxía Clásica. Métodos e elementos característicos. (Prof. F. Cortés Gabaudán)
3. Internet como método de investigación para Filoloxía Clásica. (Prof. Álvaro P. Vilariño)
4. A metodoloxía cinetífica en Filoloxía Clásica. Aspectos teóricos e práctico. (Prof. Xosé A. López Silva)

Estes módulos quedan desglosados como segue:

1. A metodoloxía científica nos Estudios Clásicos. Introdución Xeral.

 

1.1 Fontes primarias

 

Obras antigas. Soporte magnético

Autores e obras antigas. Formas de citación

Autores antigos. Datación e obras.

Obras antigas. Soporte electrónico: edicións e traducións.

 

1.2 Fontes secundarias:

 

Forma de citación das referencias bibliográficas secundarias

Convencións de normas de estilo. Exemplos

Bases de datos bibliográficas (cf. sesión do prof. F. Cortés Gabaudán)

Google Books. Acceder ao contido parcial de fontes secundarias en soporte libro

Publicacións periódicas accesibles en liña

Revistas electrónicas e de acceso libre


2. Fontes

2.1. Usar grego antigo en tipografías Unicode

Introdución ao Unicode

Teclear grego antigo Unicode

2.2 Traballar con textos clásicos en rede

2.3 Bases de datos bibliográficas


3. Proxecto Chiron: Cultura Clásica 2.0

 

3.1 Compartindo imaxes

3.2 Compartindo presentacións

3.3 Compartindo vídeos

3.4 O marcador social de Chiron

3.5 A Wiki de Recursos de Chiron

3.6 Rede social en Elgg

3.7 Planeta de Blogs.

3.8 A creación dun espazo propio de aprendizaxe na rede


4. Paradigmas dixitais e paradigmas teóricos en Filoloxía Clásica

 

4.1 Paradigmas dixitais e sistemas científicos, bibliotecarios e editoriais en Filoloxía Clásica.

4.2 Estructuralismos e post-estructuralismos en Filoloxía Clásica. Un achegamento.


 

LUGAR E DATAS

O curso terá lugar na Aula de Informática da Facultade de Filoloxía de Santiago e comezará o martes 1 de febreiro de 2011. O resto do curso impartirase ata o 30 de marzo de 2011, os xoves e venres de 16:30 a 20:30 horas.

PREZO E HORAS LECTIVAS

O seu prezo é de 25 euros, e ten un equivalente de 70 horas lectivas ( 2 créditos oficiais de Libre Configuración Curricular da USC).

PRAZAS

Están previstas un máximo de 33 prazas, e os requisitos de acceso son ser Licenciado en Filoloxía, Historia ou Filosofía o ser estudante destas Titulacións.

PROCEDEMENTO DE PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA:

Datas de preinscrición: do 15 de Outubro e ata o 15 de Novembro de 2010
Datas de matrícula: do 1 de decembro de 2010 ao 31 de xaneiro de 2011
A preinscrición poderá ser formalizada de calquera dos seguintes modos:
1. A través do Formulario da páxina web da Delegación Galega da Sociedade de Estudios Clásicos, operativo a partir do 15 de outubro (recomendado) Ir a Formulario.
2. A través do correo electrónico da Secretaría da Delegación Galega da Sociedade de Estudios Clásicos: secretaria@seecgalicia.org
3. Por correo ordinario (só se non tedes correo electrónico) dirixido á sé da Secretaría da Delegación Galega da SEEC (Amelia Pereiro Pardo, Facultade de Filoloxía. Avda. de Castelao s/n. 15782 Santiago de Compostela).
Unha vez rematado o prazo de inscrición, a lista de admitidos será publicada na web da Sección Galega da SEEC
A matricula formalizarase no prazo comprendido entre o 01-12-2010 e o 31-01-2011 na Sección de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua da USC (Unidade de Xestión do Campus sur. Pavillón de Estudiantes. Campus Sur. Santiago de Compostela). http://www.usc.es/gl/centros/cptf/formacion/informacionxeralfc.html
Podedes descargar o formulario proporcionado pola USC picando na ligazón anterior.
Para calquera dúbida sobre cuestións relativas ás matrículas, poñédevos en contacto ca Co-directora do curso María José Martín Velasco (mariajose.martin.velasco@usc.es) ou coa Sección de Posgrao: tfno. 981563100, ext. 14588; correo-E cptf@usc.es.
O importe da matrícula (25 €) deberá ser ingresado na conta bancaria indicada pola sección de Postgrao da Universidade.
• Curso de actualización científica 2011 (http://www.usc.es/cptf/Formacion/CursosFormacion/Datos2010/Fc31412010-2011g.htm)

 

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
© 2012 SEEC Galicia Suffusion theme by Sayontan Sinha