SEECGalicia

Curso de Latín Vivo

Do 24 ao 29 de agosto do presente ano hase celebrar en Madrid o III Curso de Verán de Latín vivo (Caelum – Cursus Aestivus Latinitatis Vivae Matritensis) organizado por Culturaclasica.com.

Toda a información, incluído o formulario de inscrición on-line, está dispoñíbel na súa páxina web en culturaclasica.com.

Aos alumnos de Filoloxía Clásica que realicen o curso recoñeceráselles 1,5 créditos, homologados nas Universidades españolas.

Cursus Aestiuus Caelum