SEECGalicia

CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE GREGO MODERNO II

A Delegación Galega da SEEC organiza un este Curso de Formación Continua no ámbito dos cursos de Posgrao da Universidade de Santiago de Compostela. Este curso, concibido como continuación do anterior, “Curso de Perfeccionamento de Grego Moderno I”, leva por título “Curso de Perfeccionamento do Grego Moderno II”, e esperamos que sexa de interese para todos vós. A Sección de Posgrao da Universidade de Santiago de Compostela expedirá un diploma a cada alumno, no que constará o recoñecemento -computable a efectos de administración autonómica-  de 4 CRÉDITOS (40 horas). O número máximo de alumnos admitidos será de 35 e o prezo da matrícula 60 €.

O curso está pensado para alumnos que teñan superado o nivel de Perfeccionamento I ou para alumnos que xa estean capacitados para expresar sentimentos, desexos, manter unha conversación sinxela e controlar os tempos verbais de presente, futuro, indefinido e imperfecto na voz activa.

O obxectivo do curso será ampliar o vocabulario centrándose nos ámbitos da cultura, arte e viaxes. En canto a gramática aprenderase como se construen todos os tempos verbais na voz activa, e o indefinido e o imperfecto da voz pasiva  duns cantos verbos básicos. Ademais completarase a declinación dos sustantivos e adxectivos – poñendo énfase no xenitivo-, e no uso dos adverbios modais, temporais e cuantitativos.

Ao rematar o curso, os alumnos terán acadado un nivel avanzado que lles permitirá comunicarse en grego e manter unha conversación sobre distintos temas.O método a seguir será Epikoinonhste Ellhnika, parte 2 . O resto do material será facilitado polo profesor na aula.

DATOS DO CURSO

  • Datas: 30/01/2009 A 03/04/2009
  • Horario: VENRES, 17:00-20:00 HORAS
  • Créditos/horas: 4 créditos / 40 horas
  • Lugar de celebración: FACULTADE DE FILOLOXÍA  (Santiago de Compostela)
  • Prezo: 60€
  • Requisitos de acceso: Licenciados, estudantes e diplomados.>
  • Criterios para a selección de aspirantes: Terán preferencia os que, cumplindo os requisitos anteriores, sexan socios da SOCIEDAD ESPAÑOLA DE ESTUDIOS CLÁSICOS. Terase en conta a orden de presentación das solicitudes de admisión.

PROCEDEMENTO DE PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA

  • Datas de preinscrición: do 6 ao 20 de outubro de 2008.
  • Datas de matrícula: do 3 ao 17 de novembro de 2008.

A preinscrición poderá ser formalizada de calquera dos seguintes modos:

  1. A través do formulario da páxina web da Delegación Galega da Sociedade de Estudios Clásicos, operativo a partir do 6 de outubro  (recomendado) Ir a Formulario.
  2. A través do correo electrónico da Secretaría da Delegación Galega da Sociedade de Estudios Clásicos:
  3. Por correo ordinario (só se non tedes correo electrónico) dirixido á sé da Secretaría da Delegación Galega da SEEC (Amelia Pereiro Pardo, Facultade de Filoloxía. Avda. de Castelao s/n. 15782 Santiago de Compostela).
  4. Formulario do Servizo de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua.

Unha vez rematado o prazo de inscrición, a lista de admitidos será publicada na web da Sección Galega da SEEC.

A matricula formalizarase no prazo comprendido entre o 03-11-2008 e o 17-11-2008 na Sección de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua da USC (Unidade de Xestión do Campus sur. Pavillón de Estudiantes. Campus Sur. Santiago de Compostela).

Podedes descargar o formulario proporcionado pola USC picando na ligazón anterior.

Para calquera dúbida sobre cuestións relativas ás matrículas, poñédevos en contacto coa codirectora do curso Maite Miñambres () ou coa Sección de Posgrao: tfno. 981563100, ext. 14588; correo-E cptf@usc.es.

O importe da matrícula (60 €) deberá ser ingresado na conta bancaria indicada pola sección de Postgrao da Universidade.