SEECGalicia

Programa del Curso de Verán 2006: PROXECCIÓN DA MITOLOXÍA GRECOLATINA NAS LITERATURAS EUROPEAS

Datas

do 12 ó 15 de xullo de 2006

Lugar de celebración

Facultade de Filoloxía, aula 20
Avda. de Castelao s/n, Campus Norte, Santiago de Compostela

Nº Horas lectivas

32 (A Universidade de Santiago certificará estas horas e recoñecerá 2 créditos de libre configuración)

Organización

Directoras: Dulce Estefanía e Mª Teresa Amado Rodríguez

Secretarias: Mª Carmen Riobó Fernández e Mª Teresa Miñambres Gómez

Programa

12 de xullo de 2006

  • 9:00 – Entrega de materiais.
  • 9:30 – Inauguración oficial do curso.
  • 10:00 – Os deuses gregos. Da relixión á literatura. Prof. Dr. Carlos García Gual, Catedrático de Filoloxía grega da Universidade Complutense de Madrid.
  • 12:00 – Proxección da mitoloxía greco-latina na literatura galega. Prof. Dr. Xesús Alonso Montero, Profesor Emérito da USC
  • 16:30 – Proxección da mitoloxía grecolatina na literatura española (Idade Media e Renacemento). Prof. Dr. Vicente Cristóbal, Catedrático de Filoloxía Latina da Universidade Complutense de Madrid.
  • 18:30 – Proxección da mitoloxía grecolatina na literatura española (Desde o postrenacemento ata a actualidade). Profa. Dra. Rosario Cortés Tovar, Profesora Titular de Filoloxía Latina da Universidade de Salamanca.

13 de xullo de 2006

  • 10:00 – Proxección da mitoloxía greco-latina na literatura alemá (Idade Media e Renacemento). Prof. Dr. Víctor Millet, Profesor Titular de Filoloxía Alemá da Universidade de Santiago de Compostela.
  • 12:00 – Proxección da mitoloxía greco-latina na literatura alemá (Dende o postrenacemento ata a actualidade). Dra. Rosa Sala, investigadora e escritora, autora do Diccionario Crítico de mitos y símbolos del nazismo.
  • 16:30 – Proxección da mitoloxía grecolatina na literatura inglesa (Idade Media e Renacemento). Prof Dr. Fernando Alonso Romero, Catedrático de Filoloxía Inglesa da Universidade de Santiago de Compostela.
  • 18:30 – Proxección da mitoloxía greco-latina na literatura inglesa (Dende o postrenacemento ata a actualidade). Prof. Dr. D. Fernando González Muñoz, Profesor de Filoloxía Latina da Universidade da Coruña.

14 de xullo de 2006

  • 10:00 – Proxección da mitoloxía grecolatina na literatura francesa (Idade Media e Renacemento). Profa. Dra. Rosario Guarino, Profesora titular de Filoloxía Latina da Universidade de Murcia.
  • 12:00 – Proxección da mitoloxía greco-latina na literatura francesa (Dende o postrenacemento ata a actualidade). Profa. Dra. Rosario Guarino, Profesora titular de Filoloxía Latina da Universidade de Murcia.
  • 16:30 – Proxección da mitoloxía grecolatina na literatura italiana. Profas. Dras. Mª Consuelo Álvarez Morán e Rosa Iglesias Montiel, Catedráticas de Filoloxía Latina da Universidade de Murcia.
  • 19:00 – Clausura do curso.

15 de xullo de 2006

  • 9:30 Viaxe cultural a Lugo, con visitas guiadas á cidade, muralla e museos. Pola tarde visitarase o castro de Viladonga e o museo didáctico (incluído no prezo de matrícula).

Matrícula

En principio, non hai límite de prazas.

Importe para socios da SEEC, estudiantes de calquera universidade, licenciados ou diplomados universitarios en paro, profesores e PAS da Universidade de Santiago de Compostela: 65 Euros

Importe para os non incluídos no apartado anterior: 125 Euros

Inscrición e prazos

Os socios de la SEEC poderán matricularse dende o 10 de maio ata o 30 de xuño cubrindo o formulario de inscrición que figura na páxina web da Delegación de Galicia da SEEC http://www.seecgalicia.org

O importe da matrícula farase efectivo na conta 2091 0343 72 3040005068 de Caixa Galicia, Vista Alegre 112, Santiago.

O xustificante de pago deberá ser remitido a Mª Teresa Amado Rodríguez, Facultade de Filoloxía, Departamento de Latín e Grego, Avda. de Castelao s/n, 15782 Santiago de Compostela, poñendo como texto na transferencia “Curso verán 2006

Os non socios poderán matricularse do 15 ó 30 de xuño de 2006 na Universidade de Santiago.

Para máis información: http://www.usc.es/cultura/curver06.htm e na Secretaría dos Cursos de Verán, Vicerreitoría de Extensión Cultural e Servizos á Comunidade Universitaria, Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n, Santiago de Compostela. Tfn. 981 563100, extensións 11018 e 11103.

Axudas

A Delegación de Galicia da SEEC concederá 10 bolsas de aloxamento en habitacións individuais de estudiante na Residencia Burgo das Nacións, dende o día 11 de xullo ata o 15, ámbolos dous incluídos.

Para solicitar a axuda hai que cubrir o apartado correspondente no formulario de inscrición.

Terán preferencia por esta orde: socios estudiantes, socios non estudiantes.

En caso de haber máis solicitudes que axudas, aplicarase ademais o criterio de orde de matriculación.

Unha vez rematado o prazo de matrícula, comunicarase a resolución das bolsas ós solicitantes.