SEECGalicia

Curso de veran de grego moderno na USC

A Universidade de Santiago de Compostela convoca para o mes de xullo de 2011 a matricula no Centro de Linguas Modernas como servizo complementario á educación universitaria. Estes cursos, nos que se da maior importancia á práctica das destrezas orais, están dirixidos especialmente a alumnos da USC que vaian a ir a unha Universidade europea cunha bolsa Sócrates-Erasmus, durante o curso 2011-12, aínda que tamén están abertos a outras persoas a partir de 16 anos cumplidos ao longo do presente ano e que teñen necesidades e intereses semellantes.

Os cursos de árabe, chinés, grego moderno, ruso e xaponés poderán ser validados por 2,5 créditos de libre configuración.

Mais información