SEECGalicia

CURSO DE VERÁN “DE ROMA Á CULTURA DIXITAL: 2000 ANOS DE OVIDIO”

DE ROMA Á CULTURA DIXITAL: 2000 ANOS DE OVIDIO

Datas: 20 a 22 de xuño DE 2017
Dirección: Fátima Díez Platas e Cecilia Criado Boado
Secretarias: Patricia Meilán Jácome e Miriam Sánchez López
Nº de horas lectivas: 25
Límite de prazas: non
Prazo de inscrición: do 10 de maio ao 9 de xuño
Número de créditos: 2 créditos ECTS
Importe da matrícula: 120€
70€ Taxa reducida, aplicable a estudantes universitarios, socios da Asociación de Antigos Alumnos da USC, estudantes de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregados e PDI e PAS da USC

Este curso pretende celebrar o bimilenario da morte do poeta Publio Ovidio Nasón, dando a coñecer aspectos novos da súa obra e, en especial, mostrar a pervivencia do poema das Metamorfoses, na cultura visual, así como a enorme influencia e repercusión dos contidos mitolóxicos formulados polo poeta en diversos ámbitos, tanto filolóxicos como artísticos, desde época romana ata o século XXI.

Información e matrícula:
cursosdeveran@usc.es
www.usc.es/cultura/veran
www. ovidio2000.weebly.com

Contacto:
universidadedeveran.ovidio@gmail.com