SEECGalicia

Defendendo as linguas clásicas

Os alumnos de clásicas da Facultade de Filoloxía da USC sumáronse á iniciativa lanzada pola SEEC de Murcia ‘Yo conozco mi herencia, ¿y tú?’. Ás 12 en punto deste día 12 do 12 de 2012, no vestíbulo da facultade, deron lectura a textos de autores clásicos e manifestaron o seu compromiso de loitar polo que consideran o piar da nosa cultura.