SEECGalicia

Desempate Odisea 2016

Despois da primeira fase da Odisea 2016 rexistrouse un empate a 85 puntos entre varios equipos. En cumprimento das bases só poderá pasar ao desempate 1 equipo de cada centro, aquel que tivera empregado menos tempo en responder ao preguntón. Este desempate celebrarase o mércores 17 de febreiro, de 17:00 a 20:00 horas, nas sedes designadas pola organización e que serán comunicadas oportunamente a cada profesor responsable. Estes son os 5 equipos que disputarán o desempate:

A CORUÑA

  • IES MONELOS. Equipo LOS POUSIS
  • IES Salvador de Madariaga. Equipo ARS LONGA.
  • CHANTADA

  • IES VAL DO ASMA. Equipo ALBUM ET NIGRUM
  • VALGA

  • IES DE VALGA. Equipo UBER.
  • MUROS

  • IES FONTEXERÍA. Equipo A CRISÁLIDA DE AIRE